GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ampliado ata o domingo, día 10, o prazo para que os españois no exterior poidan votar

(07/11/2019)

Ampliado ata o domingo, día 10, o prazo para que os españois no exterior poidan votar


Redacción, Madrid | 06 Novembro 2019 - Crónicas da Emigración


A Xunta Electoral Central (JEC) acordou este mércores a ampliación do prazo para que os españois residentes no exterior poidan emitir o seu voto ata o domingo, día 10, de maneira que embaixadas e consulados deberán abrir tanto para aqueles que queiran votar en urna como para recibir os sobres dos que previamente emitiron o seu sufraxio por correo.

O horario especial, segundo explica a JEC, “non poderá estenderse máis aló da hora prevista para o peche dos colexios electorais na península”, é dicir, as 20,00 horas da xornada electoral deste domingo, día 10.

Ademais, este organismo insta a consulados e embaixadas a utilizar todos os medios de que dispoña para remitir os sobres de votación da maneira máis rápida posible ao Ministerio de Asuntos Exteriores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas