GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense. Os 100.000 invisibles do 10 N: o exterior tamén ten voz

(29/10/2019)

Os 100.000 invisibles do 10 N: o exterior tamén ten voz






A Rexión Internacional

Brais Iglesias 28/10/2019

 

Se o votante ourensán adoita importar pouco aos grandes partidos, os 100.000 do exterior son case invisibles. Os procesos electorais sempre son unha boa vara de medir o impacto da emigración na sociedade ourensá. É a provincia cunha maior porcentaxe de votantes que están censados no estranxeiro, a maioría deles segundas ou terceiras xeracións de galegos que decidiron marcharse en momentos críticos para a economía e que, en moitos casos, a pesar de non ter unha relación fluída coa súa terra de orixe seguen estando unidos polas urnas.

Nas eleccións do próximo 10 de novembro, o 28% das persoas que teñen dereito a voto na circunscrición electoral de Ourense son residentes ausentes, fronte ao 5,7% de media a nivel estatal. É a cifra máis alta de toda España, Só Asturias e Zamora (12% cada unha) e o resto de provincias galegas -14% na Coruña e Pontevedra- e un 19% en Lugo, teñen máis dun de cada 10 electores fóra.

Das 360.301 persoas con dereito a voto o 10 N na provincia, 101.127 terano que facer fora do país. Con todo, o proceso para votar desde o estranxeiro é complexo, Nas eleccións do pasado 28 de abril, apenas exerceu o seu dereito un 6,1% do total dos que engrosaban o CERA (censo de residentes ausentes) en España. En Ourense, a cifra foi simbólica, xa que quedou nun 2,54% do total.

O voto rogado

O denominado "voto rogado", que chegou cunha reforma lexislativa levada a cabo en xaneiro de 2011, propicia que os ourensáns do exterior non reciban as as papeletas para votar por defecto, senón que han de rogar o voto para evitar fraudes. O engorroso trámite, sumado a que moita documentación chega nalgúns casos cando os comicios xa se celebraron, pon baixo mínimos este sistema.

1.500 quilómetros e 15 horas de coche para votar ou non facelo por perder a nacionalidade

Pablo González, ourensán que reside en Nova Zelandia, confirma que non votará o próximo 10 N. No seu caso, nin el nin a súa parella están no CERA, aínda que poderían votar. "Teriamos que ir a Wellington, a capital, situación na que está moita xente". Aínda que levan anos alí, seguen "no barrio da Ponte, no meu caso", di González. En marzo de 2020 pasarán obrigatoriamente a ser declarados residentes en Nova Zelandia, terán que renovar alí o seu pasaporte.

"Ese status vai cambiar. Só se estamos rexistrados como cidadáns residentes en Nova Zelandia podemos solicitar o voto e votar desde Auckland". Agora, terían que facer un trámite que lles supoñería 1.284 quilómetros e 15 horas de viaxe en coche.

Cando estean no CERA, será lixeiramente máis fácil -aínda que haberá que rogar o voto-, pero ten consecuencias negativas: "Perderei a miña condición de pontino por primeira vez en 33 anos..."

Os trámites son, ás veces, unha caixa de sorpresas. Pilar Colmenero é unha ourensá residente en Montreal, capital de Québec (Canadá). Un problema co consulado privoulle da nacionalidade e, polo tanto, do dereito a voto. "Non estou inscrita como española,teño que facer todos os trámites de novo para inscribirme no consulado", relata.

A resposta que lle deron ao ir renovar o seu pasaporte español era que "desapareceu" do sistema. "Tiña a nacionalidade hai uns meses e agora non. O único que podo facer é inscribirme de novo".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas