GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un total de 223.872 residentes no exterior poderán votar nas eleccións do próximo 10 de novembro

(28/10/2019)

Un total de 223.872 residentes no exterior poderán votar nas eleccións do próximo 10 de novembro


Redacción, Madrid | 25 Outubro 2019 - Crónicas da Emigración


O número de españois no exterior que poderán votar nas eleccións xerais do próximo 10 de novembro elévase a 223.872, segundo datos provisionais do Instituto Nacional de Estatística (INE), o que supón o 10,5% do Censo de Españois Residentes Ausentes (CERA), que se eleva a 2.130.737 rexistrados para esta ocasión.

O número de persoas interesadas en exercer o seu dereito ao sufraxio que se viron obrigadas a rogar o voto nesta cita coas urnas é moi inferior ao rexistrado nos pasados comicios de abril, xa que os que realizaran o trámite naquela ocasión quedaban exentos de iniciar o proceso para esta convocatoria.

Nas xerais do pasado 28-A, o número de solicitudes situouse en 182.545, un 8,7% dos rexistrados no CERA nese momento, que ascendeu a 2.099.458 rexistrados.

Madrid, con 47.645, convértese na provincia que rexistra un maior número de solicitantes para os comicios do 10- N, seguida de Barcelona, con 27.262, e A Coruña, que contabiliza 10.269. Con 9.729 figura Asturias e con 8.628, Pontevedra, seguida moi de preto por Valencia que alcanza os 8.619. Con algo máis de cinco mil figuran Málaga, Ourense e Sevilla e por encima dos máis de catro mil solicitantes destacan Alacante, Biscaia, Guipuzcoa, Granada, León, Santa Cruz de Tenerife e Zaragoza.

Por países, Francia sitúase á cabeza en número de solicitantes (34.378), mentres que Alemaña figura en segundo lugar (26.988) e Reino Unido, en terceiro (25.840).

Desde Arxentina recibíronse 17.809 solicitudes e desde Estados Unidos, 17.494. Pola súa banda, recibíronse 15.888 solicitudes desde Suíza; 7.280 desde México; 5.013 desde Países Baixos; 4.911 desde Andorra; 4.877 desde Brasil; 4.217 desde Venezuela; 3.899 desde Uruguai. De residentes en Cuba recibíronse 1.989 solicitudes de voto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas