GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes que se coñeceron en Suíza hai máis de 30 anos xuntáronse en Buño

(28/10/2019)

Emigrantes que se coñeceron en Suíza hai máis de 30 anos xuntáronse en Buño

 

Participaron máis de 80 persoas na comida, a mauyoría de Bergantiños e Pontevedra

 


carballo / a voz 28/10/2019

 

Os anos de emigración en Suíza, por poucos que sexan, adoitan deixar recordos indelebles, pero non está de máis organizar algún acto para manter viva esa memoria. E foi o que pasou onte en Buño, no restaurante Canta a Ra, onde se xuntaron máis de 80 persoas que traballaron nos oitenta no cantón de Appenzell Rodas Interiores. A situación de cada un varía: hainos que aínda van e veñen, outros que xa están xubilados, os que pasaron poucos anos e os que dedicaron case toda a súa vida, os fillos dos primeiros que queren manter ese contacto, a gran maioría retornados hai tempo... Moitas peculiaridades, pero un destino común, que ademais está nunha zona de enorme beleza, bastante afastado, a pouca distancia de Austria. Unha paisaxe bucólico nun cantón pequeno: algo menos en superficie que Vimianzo ou Carballo, e con 16.000 habitantes.

 

Dúas persoas tiraron do carro para organizar a comida, unha de Pontevedra (moitos deles son desa provincia) e o carballés José Figueiras Garrido, quen sinalaba, antes da cita, que sería unha boa oportunidade para que moita xente se reencontrase tras demasiado tempo sen saber nada uns doutros. Naqueles vellos tempos, case todos traballaban na construción.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas