GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.145.263 en setembro

(22/10/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 2.145.263 en setembro


Afiliación de extranjeros

Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social

22/10/2019


O crecemento interanual é do 7,63%, con 152.053 traballadores máis que hai un ano

 

Tamén se produce un incremento intermensual. Son 12.356 afiliados máis que en agosto


A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.145.263 traballadores estranxeiros en setembro, 152.053 traballadores foráneos máis que no mesmo mes de 2018. Isto sitúa a variación interanual no 7,63%.

En setembro, rexistráronse 12.356 afiliados estranxeiros máis que en agosto. No último mes a cifra deste colectivo creceu un 0,58%.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.796.488 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 205.355 ocupados, e o de Fogar, con 167.377). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 343.658 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 5.065, e o do Carbón, con 51.

De entre os afiliados estranxeiros á Seguridade Social en setembro, 1.275.172 proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (870.091) de países comunitarios. Da cifra total, 1.199.718 son homes e 945.545 son mulleres.

Os grupos de traballadores estranxeiros máis numerosos proceden de Romanía (345.906), Marrocos (251.533), Italia (132.738) e China (107.473). Séguenlles os traballadores nacionais de Colombia (77.236), Ecuador (75.665), Reino Unido (68.963), Bulgaria (61.567), Venezuela (61.392) e Portugal (57.331).

Comunidades autónomas

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. A Rioxa (11,27%), Estremadura (10,79%), País Vasco (10,32%) e Galicia (10,23%) son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano. A continuación sitúanse Navarra (9,27%), Castela e León (8,66%) e Cataluña (8,31%).

As maiores subidas en afiliación de estranxeiros no último mes producíronse en Estremadura (11,62%), A Rioxa (9,77%) e Castela-A Mancha (8,54%). Tamén sobe en Navarra (3,24%), Andalucía (2,69%), País Vasco (2,05%), Castela e León (1,34%), Madrid (1,24%), Canarias (0,47%) e Galicia (0,23%).

A afiliación de estranxeiros descendeu neste mes en Cantabria (-4,38%), Asturias (-3,01%), Illas Baleares (-2,91%), Aragón (-2,8%), Cataluña (-0,76%), Murcia (-0,4%) e Comunidade Valenciana (-0,03).

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así: 
ccaa

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Novembro 2019
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas