GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Centro Betanzos de Buenos Aires acolle a mostra ‘Francisco Gil, Libreiro Maior de Buenos Aires’, de Xan Leira

(10/10/2019)

O Centro Betanzos de Buenos Aires acolle a mostra ‘Francisco Gil, Libreiro Maior de Buenos Aires’, de Xan Leira


Mariana Ruiz, Buenos Aires | 09 Outubro 2019 - Crónicas da Emigración


La cantante gallego-argentina Graciela Pereyra interpreta un tango en gallego.

A cantante galego-arxentina Graciela Pereyra interpreta un tango en galego. 

 

Coa participación da cantante galego-arxentina Graciela Pereyra, o documentalista Xan Leira inaugurou no Centro Betanzos de Buenos Aires unha mostra itinerante titulada ‘Francisco Gil, Libreiro Maior de Buenos Aires’.

A exposición chega á Arxentina, no marco dos 120 anos do nacemento de Borges, un dos amigos entrañables deste personaxe que naceu en Vilar (Pontevedra), en 1915, e emigrou á Arxentina onde chegou a converterse no libreiro máis importante de Buenos Aires.

Na casa betanceira, expóñense esta semana 14 paneis que dan conta da traxectoria de Francisco Gil na Arxentina. Alí, entre outras cousas, pódense ver dúas caligramas orixinais: un de Pablo Neruda e outro de Manuel Mújica Láinez. Tamén hai fotografías, escritos e debuxos de Gil, así como outros que lle dedicaron os seus amigos.

A mostra, que o vindeiro xoves, día 10, expoñerase na Academia Arxentina de Letras, é un proxecto de Mecenado da Cidade de Buenos Aires, que tamén contou co apoio da Xunta de Galicia.

Na presentación, na que Graciela Pereyra entoou un tango en galego, estiveron presentes o delegado do Goberno galego en Arxentina, Alejandro López Dobarro; o presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina, Benito Blanco; e a súa esposa, Mariana Vicat, directivos da casa e de entidades irmás.

“A proposta –explicou Leira– é ir cara ao público da cidade a partir da rede de bibliotecas públicas municipais, as entidades da colectividade galega e institucións vinculadas á creación literaria e cultural”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas