GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O programa de Axudas ao Retornado Emprendedor recibe 69 solicitudes para a posta en marcha de negocios

(08/10/2019)

O programa de Axudas ao Retornado Emprendedor recibe 69 solicitudes para a posta en marcha de negocios


Redacción, Santiago | 05 Outubro 2019 - Crónicas da Emigración


O programa de Axudas ao Retornado Emprendedor, que convoca a Secretaría Xeral de Emigración, recibiu este 2019 un total de 69 solicitudes para a posta en marcha de novos negocios por galegos que regresaron a Galicia.

É preciso destacar que, para esta convocatoria, os solicitantes abarcan máis de 20 países e 4 continentes. Así, en América destacan os 24 de Venezuela ou os 9 de Brasil; en Europa, 4 de Suíza, 3 de Reino Unido, e outros 3 de Alemaña. E hai un de Emiratos Árabes (Asia) e outro das Seychelles (África).

Todas estas cifras reflicten o interese que está a xerar entre a mocidade galega no exterior un programa do que máis do 40% das solicitudes son de menores de 40 anos, situándose a idade media nos 43. Ademais, o número de solicitudes incrementouse nun 23% respecto a 2018, pasando de 53 solicitudes a 69.

Gastos correntes da posta en funcionamento

Esta iniciativa, que xa permitiu a posta en marcha de máis de 150 iniciativas empresariais na Comunidade, está dirixido a cidadáns galegos residentes no exterior que queiran volver a Galicia. Así, o programa permite aos galegos, xa nacesen na Galicia territorial ou nos seus países de destino, sufragar gastos correntes orixinados pola posta en funcionamento dun negocio con ata 10.000 euros de subvención.

Trátase dunha das 53 medidas incluídas na ’Estratexia Retorna 2020’, aprobada o 12 de abril do pasado ano polo Consello de la Xunta, de carácter transversal e coordinado pola Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración de todos os departamentos da Xunta de Galicia e cun investimento de máis de 235 millóns de euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas