GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Comezan as clases de español para inmigrantes con sesións en Silleda e A Bandeira

(07/10/2019)

Comezan as clases de español para inmigrantes con sesións en Silleda e A Bandeira


Cedida


La Voz de Galicia

Lalín / a Voz 03/10/2019


O Concello de Silleda acaba de retomar as clases de español para inmigrantes a través do programa Anduriña A iniciativa está coordinada polo departamento de Benestar a través da educadora social. As clases, que imparte unha voluntaria, son gratuítas e inclúen o material. Este ano ás sesións en Silleda, os mércores e venres, de 10.30 a 12.30 horas na Casa da Xuventude, súmanse outras sesións na Bandeira, os luns e xoves , en horario de 19.30 a 21.30 horas.

De momento hai unhas vinte persoas anotadas e todas as que o desexen pódense apuntar aínda ou solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 986 592 037.

Silleda conta con máis de 800 veciños procedentes de diferentes países, o que supón case o 10 % da poboación, O obxectivo das clases é que os participantes consigan unhas competencias lingüísticas na lingua oral e escrita.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas