GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración prolonga ata o 31 de outubro o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a retornados

(07/10/2019)

Emigración prolonga ata o 31 de outubro o prazo para solicitar as axudas extraordinarias a retornados

 

Redacción, Santiago | 05 Outubro 2019 - Crónicas da Emigración


A Secretaría Xeral de Emigración decidiu ampliar ata o 31 deste mes de outubro o prazo para que os emigrantes galegos retornados poidan solicitar as axudas extraordinarias para facer fronte aos gastos de carácter familiar derivados do seu retorno á comunidade autónoma.

Poderán beneficiarse das mesmas os galegos e nados en Galicia, ademais dos seus fillos e cónxuxes, que acrediten a nacionalidade española, así como a súa residencia actual en Galicia.

Entre os requisitos esíxese residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España, non transcorrer máis de dous anos entre a data de retorno e a de presentación de solicitude e carecer de recursos económicos suficientes na unidade familiar, así como de bens patrimoniais.

A resolución das axudas, que se aprobou en decembro de 2018 e foi publicada no DOG o 14 de febreiro de 2019, establecía finais de agosto como data tope para solicitar as contías. O prazo foi ampliado posteriormente ata finais de setembro, debido a que aínda quedaba crédito para atender a un maior número de solicitudes das presentadas. Por este mesmo motivo, o departamento de Emigración da Xunta decidiuse por unha segunda ampliación do prazo e puxo como data límite para solicitar as axudas o 31 de outubro.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas