GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda salienta que 800 mozas e mozos do exterior poden retornar a Galicia no período 2018-2020 coas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

(03/10/2019)

Miranda salienta que 800 mozas e mozos do exterior poden retornar a Galicia no período 2018-2020 coas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior

 

Subliña que as BEME trouxeron de volta á comunidade a 350 estudantes de universidade en só tres anos, impulsando o “retorno do talento galego”.

 

Salienta que a inmensa maioría dos mozos e mozas que retornan desenvolven a súa vida persoal e profesional en Galicia, facendo deste programa da Estratexia Retorna un “piar fundamental ante o reto demográfico”. 

 

Demanda a implicación do Goberno central para que tome as “medidas necesarias” para facilitar o retorno no ámbito das súas competencias. 

 

O secretario xeral da Emigración, durante a súa comparecencia esta mañá no Parlamento de Galicia

O secretario xeral da Emigración, durante a súa comparecencia esta mañá no Parlamento de Galicia

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compareceu hoxe na Comisión 1º do Parlamento para dar conta das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior – BEME que, enmarcadas na Estratexia Retorna 2020, están a permitir “recuperar o talento dos galegos máis novos no exterior”. Neste sentido, Miranda subliñou que coas Bolsas Excelencia Mocidade Exterior poden retornar a Galicia máis de 800 mozas e mozos do exterior no período 2018-2020, facendo da Estratexia Retorna 2020 un “piar fundamental ante o reto demográfico”.

 

Este dato, proseguiu Miranda, pon en valor o bo resultado das BEME, que trouxeron á comunidade a 350 estudantes de mestrado en só tres anos, impulsando o “retorno do talento galego” na procura de que, finalmente, se incorporen ao mercado laboral. “A totalidade dos beneficiarios teñen unha experiencia profesional previa nos países nos que traballan, e incorporan unha importante experiencia profesional”, incidiu. 

 

“Queremos que todos estes mozos sintan Galicia como o lugar onde desenvolver a súa traxectoria persoal e profesional, e desde o goberno galego imos continuar nesta liña de traballo para que Galicia sexa a súa mellor opción para vivir”, incidiu o titular do departamento autonómico.    

 

Neste sentido, Miranda resaltou a elevada demanda das bolsas –so este ano preto de 600 persoas iniciaron o proceso de solicitude-, e destacou que a idade media dos beneficiarios e benficiarias é de pouco máis de 29 anos, sendo o 66% mulleres e o 34%, homes. Así mesmo, engadiu, o grupo máis numeroso de solicitudes é o de 25 anos. 

 

“Con estas axudas estamos a incentivar o retorno de galegos residentes no exterior con currículos excelentes, en especial de todos aqueles mozos da diáspora galega que queren ter unha nova oportunidade na terra das súas raíces”, afondou o secretario xeral. 

 

Cooperación do Goberno central 

 

Neste marco, Rodríguez Miranda demandou a cooperación do Goberno central para que tome as “medidas necesarias” para facilitar o retorno, xa que moitas e moitos dos retornados se están a atopar con serios problemas en materia de permisos e residencia e traballo ou na homologación dos títulos universitarios. 

 

“Hai que tomar as medidas necesarias para que os retornados poidan integrarse de maneira fácil e rápida na sociedade galega e española. E lamentamos que as continuas demandas que estamos a facer para que o Goberno central adopte as medidas oportunas no ámbito das súas competencias, non estean dando os seus froitos”, concluíu. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas