GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.132.906 ocupados en agosto

(19/09/2019)

A media de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social sitúase en 2.132.906 ocupados en agosto


Foto ilustrativa

O crecemento interanual é no 7,33%, con 145.699 máis que hai un ano


Son 37.461 afiliados menos que en xullo, o -1,73%


A Seguridade Social rexistrou unha media de 2.132.906 traballadores estranxeiros en agosto, 145.699 traballadores foráneos máis que en agosto de 2018. Isto sitúa a variación interanual no 7,33%.

En agosto, rexistráronse 37.461 afiliados estranxeiros menos que en xullo. No último mes a cifra deste colectivo descendeu un 1,73%. Un descenso que se corresponde cos rexistrados neste mes en anos anteriores.

Do total de afiliados doutros países, os grupos de traballadores máis numerosos proceden de Romanía (341.014), Marrocos (244.358), Italia (133.460) e China (107.540). Séguenlles os traballadores nacionais de Colombia (77.411), Ecuador (76.329), Reino Unido (66.375), Bulgaria (61.304), Venezuela (60.014) e Portugal (56.378).

Comunidades autónomas

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros sobe en todas as comunidades autónomas. Galicia, cun incremento de 9,72%, País Vasco (9,55%), Navarra (8,64%) e Estremadura (8,62%) son as autonomías que máis traballadores de orixe foránea sumaron no último ano. A continuación sitúanse Cantabria (8,23%), Cataluña (8,08%), e Madrid (8,03%).

A afiliación subiu no último mes en Asturias (1,8%), Cantabria (1,47%), Galicia (1,05%), Canarias (0,77%) e Navarra (0,53%). Os maiores descensos producíronse na Región de Murcia (-9,48%), Castela-A Mancha (-7,46%), Aragón (-3,32%) e A Rioxa (-3,18%).

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.786.138 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 189.349 ocupados, e o de Hogar, con 168.823). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 341.541 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 5.175, e o do Carbón, con 53.

En xullo, de entre os afiliados estranxeiros, 1.270.675 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (862.231) de países comunitarios.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en xullo, 1.186.937 son homes e 945.969 son mulleres.

Os afiliados estranxeiros por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Decembro 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas