GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O éxodo da emigración segue e cada semana deixan a zona dous veciños

(26/08/2019)

O éxodo da emigración segue e cada semana deixan a zona dous vecinos

 

Un total de 20.450 barbanceses residen no estranxeiro, o que significa a cifra máis elevada desde que existen rexistros

 

 


mazaricos / a voz 24/08/2019

 

O éxodo da emigración continúa tendo un forte impacto na comarca, e o número de persoas que a abandonan para irse ao estranxeiro non deixa de crecer. Durante o pasado exercicio foron 117 -dous por semana- os veciños que fixeron as maletas con destino a outros países, o que eleva o total de barbanceses na diáspora a 20.450, a cifra máis elevada desde que se publican estes rexistros oficiais.

 

O aumento do número de veciños emigrados é unha constante que se repite de forma invariable nos 11 municipios durante a última década, aínda que a súa evolución foi dispar entre uns e outros territorios.

 

Así, mentres en Boiro ou Lousame incrementouse na contorna do 15 %, en concellos como Noia, Porto do Son e Ribeira chega a duplicarse esta porcentaxe. O ribeirense é, precisamente, o concello cunha maior poboación no estranxeiro -2.532 persoas-, seguido do outiense e o noiés, con 2.497 e 2.423 veciños, respectivamente.

 

Resulta significativo o caso de Mazaricos , que ten 2.080 veciños censados no estranxeiro, máis da metade da súa actual poboación residente, que é de 3.947 habitantes. No outro extremo atópase A Pobra que, con 759 inscritos -apenas un centenar máis que fai dez anos-, pasa por ser o territorio da comarca con menos emigrados.

 

Repunte cara a Europa

 

A pesar de que se constata un repunte significativo da emigración cara a países de Europa, seis de cada dez emigrados barbanceses teñen actualmente a súa residencia en América. Aínda que existe unha colonia importante en países como Brasil, Uruguai, México ou Venezuela, é en Arxentina e Estados Unidos onde a presenza de veciños da zona é maior, cun total 3.890 e 2.020 inscritos, respectivamente.

 

Tal é a importancia da colonia barbancesa nalgún destes dous países que cinco municipios -Muros, Ribeira, Mazaricos, Carnota e Noia- figuran entre os dez da provincia que contan cun maior número de emigrantes inscritos nos seus respectivos consulados.

 

No caso de Europa, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística, a presenza barbancesa máis abundante concéntrase en Suíza e en Alemaña , aínda que existen polo menos medio centenar de veciños da zona noutros dez estados do continente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas