GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha escultura sobre a emigración para a rotonda de Peinador

(14/08/2019)

Unha escultura sobre a emigración para a rotonda de Peinador

 

A Deputación entrega dúas pezas a Escola de Cantería ao Concello de Mos

 


13/08/2019

 

A Deputación de Pontevedra fixo hoxe entrega ao Concello de Mos do grupo escultórico sobre emigración realizado polos alumnos da Escola Provincial de Cantería e que se colocqarán na rotonda de Peinador. As dúas pezas, denominadas "Home de pé co seu fillo" e "Maleta", xa se mostraron na exposición pública "Nado en Pedra" e o propio concello escolleunas para embelecer e dar significado á glorieta. Elaboradas en granito silvestre galego polos alumnos José Luis Fernández Ferradáns e Álvaro Somoza López, respectivamente, a primeira mide 1,85 metros e a segunda baséase na representación da característica equipaxe da emigración.

 

"Nado en Pedra" foi unha mostra composta por 17 obras de gran tamaño coa figura humana como temática central e percorreron a provincia de Pontevedra co fin de reivindicar o oficio de Cantería e de pór en valor os traballos realizados polos alumnos da escola.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas