GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Avión rende homenaxe aos seus emigrantes coa Festa Mexicana

(31/07/2019)

Avión rende homenaxe aos seus emigrantes coa Festa Mexicana


A festividade será o vindeiro venres 9 de agosto e contará con gastronomía e música propia de México


A Rexión. Redacción | Avión 30/07/2019


O Concello de Avión celebra un ano máis a Festa Mexicana o vindeiro venres 9 de agosto. A festividade, que este ano celebra a súa XV edición, xurdiu como unha homenaxe a todos os emigrantes, en especial aos que residen en México, principal país receptor dos veciños de Avión.

O evento contará coa presenza de catro dos mellores restaurantes mexicanos de Galicia: Chilam- Balam, de Vigo; Mesón Mexicano, de Pontecaldelas; Recuncho Azteca, do Carballiño e O Mexicano Taco Bar, da Coruña.

Segundo explicou o rexedor, Antonio Montero, "Avión pasa dos seus 1.800 habitantes a alcanzar a cifra de 5.000 ou 6.000 nos meses de xuño, xullo e agosto, maioritariamente provenientes de México".

Como é habitual, a festa contará coas actuacións dos mariachis Leonardo Flores e Acapulco.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas