GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reúnen nunha colección os clásicos da emigración do século pasado

(19/07/2019)

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reúnen nunha colección os clásicos da emigración do século pasado

 

A compilación está integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros literarios prologados por especialistas contemporáneos na materia. 

 

Antonio Rodríguez Miranda salientou que esta iniciativa pretende “servir de homenaxe aos centos de milleiros de galegos que estenderon Galicia polos cinco continentes”.

 

Rosario Álvarez, pola súa banda, sinalou que se trata “dun proxecto longamente acariñado e que permite o acceso libre a obras de referencia e de difícil acceso”.

 

Imaxe da presentación este mediodía no Consello da Cultura Galega

Imaxe da presentación este mediodía no Consello da Cultura Galega

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2019.

 

A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega veñen de editar Clásicos da emigración, unha colección de libros que, a través de distintos xéneros e épocas, pretenden ofrecer un reflexo fiel do que supuxo a emigración galega tanto para aquelas e aqueles que a viviron desde os seus países de destino como para as e os que tiveron a perspectiva dos que viron marchar as e os seus seres queridos. A compilación, integrada por unha ducia de títulos de diferentes xéneros, recadan e divulgan obras que hoxe en día son difíciles de atopar en bibliotecas ou librarías, e que así poden ser máis accesibles para o público investigador, mais tamén para calquera persoa interesada no tema. Reúnen así as distintas perspectivas que marcaron un dos fenómenos demográficos máis importantes dos últimos séculos en Galicia a través de obras que abranguen tanto ensaios como literatura de ficción ou biografías, entre outros xéneros, escritos entre principios do século XX e os anos 60, aproximadamente. Cada un dos volumes, que se irá publicando ao longo dos vindeiros meses, está prologado por unha ou un especialista contemporáneo na materia, como Ramón Villares, Pilar Cagiao ou Raúl Soutelo, entre outros grandes coñecedores e coñecedoras desta realidade, que desfrutan da consideración de ser obras clásicas para o coñecemento e análise da emigración galega nas súas diversas épocas, destinos e facetas. 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou durante a presentación, celebrada na sede do Consello da Cultura Galega e na que estivo acompañado pola presidenta e o vicepresidente da institución, Rosario Álvarez e Xosé Manuel Núñez Seixas, respectivamente, e polo editor Ramón Villares, autor do prólogo do libro que abre a colección, que esta iniciativa quere servir de “homenaxe aos centos de milleiros de galegos que estenderon Galicia polos cinco continentes e fixeron dela o que é hoxe: unha terra chea de talento e influenzas retornadas desde todas partes do planeta”. 

 

Rosario Álvarez, pola súa banda, salientou que se trata “dun proxecto longamente acariñado e que permite o acceso libre a obras de referencia e de difícil acceso”.

 

Unha “remota aldea” desde onde observar a emigación

 

La emigración en Galicia, escrito por Ramón Castro López en 1921, é o primeiro título de Clásicos da emigración, colección que se completará con outras obras de referencia sobre este fenómeno demográfico, como Vida e milagros de Pepe de Xan Baña en trinta anos de Cuba [vindicación], de Xosé Baña Pose, ou Fardel do eisiliado, de Luís Seoane, por citar algúns. Ramón Villares celebrou, neste senso, que a colección “empece con este libro porque é un texto que vai contracorrente, que di cousas diferentes e foi orixinal e rompedor visto a día de hoxe”. No seu texto destaca o valor contracorrente do texto de Ramón Castro, un sacerdote lucense de orixe campesiño que foi destinado á parroquia de Vilar de Ortelle, no municipio de Pantón, onde botou media vida, desde 1895 ata 1928. Un lugar que el mesmo cualificou como unha «remota aldea» pero moi adecuada para «observar muy de cerca todo lo relacionado con la emigración».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas