GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O emigrante retornado que organizou e pelexou polo colectivo

(12/07/2019)

O emigrante retornado que organizou e pelexou polo colectivo

 

Manuel Domínguez Rial será despedido esta tarde cunha homenaxe en Boisaca

 

 


santiago / a voz 12/07/2019

 

Manuel Domínguez Rial (Cambados, 1946) faleceu onte en Santiago, cidade onde residía desde mediados da década dos 90 e na que desenvolveu unha intensa actividade. Esta tarde será despedido cunha homenaxe ás 19.00 horas no cemiterio de Boisaca.

 

Mecánico, profesión da que se xubilou, pasou 30 anos fóra de Galicia, 7 en Bilbao e 23 en Xenebra (Suíza). Chegou coa súa familia ao país centroeuropeo sen papeis e contou coa axuda dun policía retirado de alí para poder instalarse e saír adiante, ela coa súa profesión e a súa muller como cociñeira. A súa foi «unha emigración forzosa», como recordaba en La Voz de Galicia en decembro do 2017. Regresou coa súa esposa e dous fillos de 14 e 19 anos, e significouse especialmente desde a asociación Marusía polas súas reivindicacións dos dereitos do colectivo de emigrantes retornados galegos, que el organizou, para defender as súas pensións ante a Axencia Tributaria.

 

Manuel Domínguez falaba con paixón de Galicia e das súas potencialidades. Dicía non atopar motivos para que esta terra non fose tanto ou máis potente que un cantón suízo. «A riqueza que temos nas rías non a vin en ningures», afirmaba.

 

En Suíza tamén se implicou no nacionalismo galego e foi representante da AN-PG. En Compostela participou activamente no BNG, e integrou a súa candidatura de Santiago das eleccións municipais do 2015, como número 12; e participou na recente campaña do 26M, a pesar da súa enfermidade. Tamén era colaborador da Mesa pola Normalización Lingüística, de Vía galega e da asociación cultural O Galo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas