GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda agradece as e os preto de 70 participantes en Escolas Abertas o seu compromiso coa cultura galega e coas galegas e os galegos do exterior aos que transmitirán a súa experiencia

(12/07/2019)

Miranda agradece as e os preto de 70 participantes en Escolas Abertas o seu compromiso coa cultura galega e coas galegas e os galegos do exterior aos que transmitirán a súa experiencia

 

O secretario xeral da Emigración presidiu, acompañado da delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a inauguración desta nova edición do programa do Goberno galego.

 

A convocatoria deste ano reúne na Residencia Docente da cidade das Burgas 21 benefciarias e beneficiarios procedentes de entidades da Arxentina, 12 de Cuba, 10 do Uruguai e 9 do Brasil, entre os países con maior representación.

 

As e os docentes, convertidos en alumnado, aprenderán técnicas e coñecementos sobre baile, canto e pandeireta, gaita, percusión e traxe tradicional galego.

 

  • Imaxe da inauguración, esta mañá en Ourense, das Escolas Abertas 2019
    Imaxe da inauguración, esta mañá en Ourense, das Escolas Abertas 2019

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Ourense, 11 de xullo de 2019.

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu esta mañá a inauguración de Escolas Abertas 2019, o programa do Goberno galego que busca actualizar e ampliar os coñecementos sobre distintas disciplinas relacionadas coa cultura e a tradición galegas de preto de 70 docentes que desenvolven o seu labor en entidades galegas de todo o mundo. 

 

Nesta nova convocatoria a Residencia Docente de Ourense acolle ata o 24 de xullo 21 profesoras e profesores procedentes da Arxentina, 12 de Cuba, 10 do Uruguai, 9 do Brasil, 7 de Venezuela, 2 de Chile, un de México e outro doutra comunidade española. A todas e todos eles Miranda agradeceu o seu “compromiso coa cultura e as tradicións galegas, e tamén cos milleiros de galegos e galegas do exterior que acoden ás distintas entidades galegas que se reparten por todo o mundo para aprender delas e seguir, así, en contactos coa súa terra de orixe”. “O voso compromiso é con todos eles”, lembrou o responsable do departamento autonómico, “xa que os coñecementos que ides adquirir nas vindeiras dúas semanas non son para vós, senón que achegarllos a todos os galegos dos vosos países a través da vosa experiencia”. 

 

Os beneficiarios e beneficiarias desta nova convocatoria do programa da Secretaría Xeral da Emigración actualizarán ata o 24 deste mes, data na que regresarán aos seus respectivos lugares de procedencia tanto as materias relacionadas coas distintas disciplinas como mesmo sistemas didácticos que lles axuden a transmitirllas aos seus alumnos e alumnas de man de profesionais en cada unha delas. Baile tradicional galego, canto popular e pandeireta, percusión tradicional galega, gaita tradicional galega e confección de traxe tradicional galego son as diferentes especialidades, demandadas polas propias comunidades galegas, nas que recibirán formación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas