GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social habilita aos Xestores Administrativos para xestionar electronicamente solicitudes de residencia

(08/07/2019)

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social habilita aos Xestores Administrativos para xestionar electronicamente solicitudes de residencia



Consuelo Rumí en una reciente visita a Marruecos
Consuelo Rumí nunha recente visita a Marrocos


A Rexión Internacional 07/07/2019


A secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, e o presidente do Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España, Fernando Santiago, subscribiron hoxe un convenio que habilita a estes profesionais para tramitar electronicamente as solicitudes de autorización de residencia, e certificar que o solicitante achega toda a documentación solicitada pola Administración, nos expedientes que afectan a inmigrantes que queren desenvolver actividades económicas en España.

Coa firma deste convenio, o Goberno continúa na liña de desenvolver mecanismos para atraer e reter en España talento e emprendemento estranxeiro que achegue competitividade á economía nacional e potencie a súa internacionalización.

O acordo permitirá, segundo a Secretaria de Estado de Migracións, Consuelo Rumí, “axilizar a tramitación deste tipo de solicitudes de residencia, que o ano pasado superaron as 25.000, para persoas que queren investir en España e achegar a súa cualificación profesional á economía nacional”.

Con este obxectivo, o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade, a través da Secretaría de Estado de Migracións potenciou a súa Unidade de Grandes Empresas e Colectivos Estratéxicos, que é a responsable de valorar este tipo de peticións, e articulou a posibilidade de chegar a acordos con colectivos e institucións que, como os Xestores Administrativos, poidan contribuír a unha resolución rápida e áxil dos expedientes presentados.

Inmigración regular, ordenada e segura

España necesita, segundo afirmou Rumí, “unha inmigración regular, ordenada e segura que permita a chegada dos traballadores que demanda a economía española. A inmigración irregular é a máis rechamante e mediática, a máis tráxica pola perda de vidas humanas que en ocasións provoca, pero non é a máis importante. Nestes momentos hai máis de 5 millóns de estranxeiros que viven de forma regular en España e que coa súa actividade contribúen a facer grande ao país”

A lexislación española establece unha serie de criterios que deben ser tidos en conta para a concesión do permiso de residencia para o desenvolvemento dunha actividade empresarial en España e que afecta a investidores, emprendedores, profesionais altamente cualificados investigadores ou traballadores que realicen movementos intraempresarias dentro do mesmo grupo de empresas. O elemento prioritario na valoración da solicitude é a creación de postos de traballo, pero tamén se teñen en conta parámetros como a innovación da actividade para desenvolver, o investimento para realizar ou o valor engadido que pode achegar á economía nacional.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas