GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«O 60 % dos refuxiados que atendemos son menores de 18 anos»

(04/07/2019)

«O 60 % dos refuxiados que atendemos son menores de 18 anos»

 

Felipe Ferreiro foi recentemente escollido como presidente de Cruz Vermella Ourense en segundo mandato

 

 


ourense / a voz 01/07/2019

 

Cando a Felipe Ferreiro deixáronlle caer no 2015 que o seu nome era o que se barallaba para liderar a Cruz Vermella en Ourense, mostrou sorpresa e incluso dubidou porque «era unha responsabilidade moi grande e esta é unha institución moi importante». Finalmente aceptou, e non hai moitos días atrás volveu ser escollido para outro mandato máis por catro anos. Agora, afróntaos con ilusión pero tamén coa mirada posta nos retos que veñen.

 

-¿Que lle motivou a vostede para afiliarse a Cruz Vermella?

 

-Un pouco de todo. Como voluntario e socio levo case 25 anos. É unha organización arraigada e seria, que chega a moitas persoas no país e fai un traballo extraordinario. Como outras ONG's tamén, ollo. E contribúes economicamente como boamente podes, porque en Ourense hai a quen axudar.

 

-Ao comezo do seu primeiro mandato comentou que me gustaría que a Cruz Vermella fose menos necesaria». ¿Por que?

 

-Dicíao porque a nosa satisfacción é que as persoas consigan o seu modo de vida e que non teñan que depender de ninguén. Sabemos que é difícil, pero canto máis consigamos, mellor para todos. A realidade é que segue habendo moitas necesidades. En España e Ourense hai xente inmersa nese 25 % de pobreza ou risco de exclusión social, e iso é preocupante. As industrias son poucas, os empregos bastante precarios e soldos baixos. Debemos axudar ás persoas neste sentido e, por exemplo, no rural necesítase especialmente.

 

-Un dos puntos crave da súa memoria anual é o traballo coas persoas de máis idade. ¿Como chegar a elas nunha provincia tan ampla?

 

-Somos unha provincia con moitas persoas maiores. Moi envellecida. Dino as cifras. Aquí atópasche cun rural moi disperso e persoas que viven soas. Poden ter dificultades á hora de ir ao médico ou realizar unha xestión, así que aí buscamos axudar. Estamos a intentar achegarnos máis ás poboacións nas que se atopen. Por exemplo, en Trives queremos ter presenza.

 

-¿Como avanza o programa de axuda aos refuxiados?

 

-Quereriamos que sociedade e empresas implicásense máis. O 60 % dos refuxiados aos que axudamos ten menos de 18 anos. Nós acollémolos e intentamos brindarlles apoio para que se integren na nosa sociedade. E non sempre é fácil, porque algúns non foxen concretamente dunha guerra, senón de conflitos que teñen unha orixe política. Chegan de Venezuela , Colombia, Turquía, Siria, Armenia, Irán...

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas