GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Pontevedra. 1990: Un millón de emigrantes, «fichados» no Arquivo

(01/07/2019)

Pontevedra. 1990: Un millón de emigrantes, «fichados» no Arquivo

 

 


30/06/2019

 

Hai 29 anos, o 30 de xuño de 1990, o Arquivo Histórico de Pontevedra recibía un importante legado: as fichas de máis de 900.000 emigrantes que entre 1939 e 1980 abandonaran Galicia a través do porto de Vigo para buscar un futuro mellor alén do mar. As fichas estaban acompañadas de máis de medio milleiro de documentos e das listas de pasaxeiros elaboradas polas empresas navieiras, e que ata ese momento habían estados custodiadas pola policía costeira no porto de Vigo.

 

Segundo reflectía a crónica de La Voz de Galicia, en canto coñeceuse a noticia da cesión ao Arquivo Histórico, foron numerosas as persoas que acudiron á institución pontevedresa para interesarse por familiares que emigraran.

 

Como curiosidade, a entón directora do Arquivo Histórico de Pontevedra sinalaba que xa se localizaron as fichas de Celso Emilio Ferreiro e de Ramón Otero Pedrayo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas