(24/06/2019)
redacción / a voz 24/06/2019
Os refuxiados climáticos, os principais afectados os desastres ambientais, serán 250 millóns de persoas no mundo no 2050, segundo o Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente (Pnuma) recollido por Efe. Enténdese por desprazados ou refuxiados ambientais ou climáticos as persoas que ven obrigadas a migrar a outros lugares por mor da degradación ambiental experimentada no seu lugar de orixe, ben por razóns naturais ou pola man do home, segundo o dicionario de Acción Humanitaria e Axuda ao Desenvolvemento. Aínda que o uso deste concepto está cada vez máis estendido, só algúns países como Suecia ou Finlandia inclúen «migrantes ambientais» nunha categoría especial de persoas que necesitan protección.
En xaneiro do 2019, un estudo do Instituto Internacional de Análise de Sistemas Aplicados demostraba por primeira vez con datos que a crise climática exacerba os conflitos e a migración.
En Tuvalu (un arquipélago do Pacífico), que pode ser o primeiro Estado en desaparecer debido ao cambio climático, a poboación (11.000 habitantes) verase obrigada a cambiar o seu domicilio pola subida do nivel do mar. A República de Vanuatu tamén se sente ameazada e ha implementado unha lei durísima contra os plásticos e tamén prohibirá as toallitas para marcar o camiño.
En Senegal, miles de persoas trasládanse polas fames negras, froito da falta de auga, e en Mozambique e Bangladés polas inundacións. Somalia, unha das cinco nacións máis pobres do mundo, aburada polos conflitos internos e secas, ten 1,2 millóns de desprazados internos e outro millón buscou refuxio en países veciños. Siria, que vive unha guerra civil desde o 2011, sufriu entre o 2007 e o 2010 unha gran seca que obrigou a 1,5 millóns de persoas a trasladarse a cidades como Alepo e Damasco provocando unha deterioración das condicións de vida. Os estudos indican que a crise climática é «relevante» nos levantamentos da denominada Primavera Árabe en Tunisia, Libia, Iemen e Siria.
|
OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO
(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
inmigracion@fegamp.es
Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas