GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cinco náufragos rescatados polo Aquarius xa teñen traballo en Vigo

(21/06/2019)

Cinco náufragos rescatados polo Aquarius xa teñen traballo en Vigo

 

Independizáronse despois de recibir o apoio da ONG Provivienda, que asesora a 110 expatriados

 

 


vigo / a voz 21/06/2019

 

O horizonte vaise abrindo para os 600 refuxiados abandonados á súa sorte o ano pasado no Mediterráneo e que se salvaron tras ser rescatados polo barco Aquarius de Médicos sen Fronteiras e Sos Mediterráneo. Cinco dos oito nixerianos que foron acollidos en Vigo tras desembarcar no porto de Valencia xa conseguiron un traballo e saído do paraugas da asociación Provivienda que os axudou. Ana Pardo, portavoz deste colectivo que promove o dereito a unha vivenda digna, afirma que están colocados en empresas do sector da agricultura, sen dar máis detalles, porque prefiren vivir no anonimato.

 

Os outros refuxiados continúan centrados nun proceso de formación de cara tamén á súa próxima inserción no mercado laboral. O pesadelo que viviron en augas do Mediterráneo cando as autoridades italianas lles impediron entrar neste país está tendo así un final feliz. Chegaran a Vigo co posto e nesta cidade recibiron roupa, calzado e unha axuda económica para os seus gastos.

 

Pero, por moi mediático que teña sido o seu caso, só é a punta do iceberg dun drama que afecta a máis de 25 millóns de persoas no mundo.

 

Onte celebrouse o Día Mundial dos Refuxiados e as oenegués Accem e Provivienda organizaron un acto na estación marítima de Vigo para reivindicar os dereitos de quen tiveron que escapar do seu país por razóns económicas, sociais ou políticas. Varios refuxiados leron escritos xunto á estatua de homenaxe ao emigrante colocada xunto ao peirao, un lugar simbólico desde onde saíron miles de galegos o século pasado en busca dunha mellor vida. Aproveitaron o acto para reivindicar cuestións como o dereito a recibir una mesma atención sanitaria ou que se lles facilite o acceso ao mercado laboral e non se lles poñan trabas á hora de convalidar títulos ou permisos.

 

Trámites

 

«España ten o deber histórico de axilizar os trámites burocráticos en relación coa nosa situación xurídica e outorgar a nacionalidade a quen tiveron que abandonar a súa patria buscando un futuro mellor. España non pode esquecer o seu pasado e é necesario tender unha man aos refuxiados», declarou un dos participantes nun comunicado que leu aos asistentes.

 

Dous dos oito refuxiados que se embarcaron no Aquarius xunto con decenas de refuxiados doutros países acudiron ao acto celebrado en Vigo, pero mostráronse remisos a falar publicamente.

 

Provivienda presta apoio en Vigo a un total de 110 de persoas procedentes de países como Guinea, Mauritania, Siria, Colombia ou Venezuela. Asesóranos e acompañan en todos os trámites que teñen que realizar ante a Administración e facilitan a súa formación para que poidan acceder ao mercado laboral. Son persoas como o matrimonio formado por Vladimir e Susana, de Xeorxia. Vladimir foi militar e, tras o fin da guerra, temeu ser vítima de represións por parte do Goberno prorruso.

 

Ahamad era perruqueiro en Siria e fuxiu da guerra coa súa muller e os seus catro fillos. Está a aprender a falar español e gustaríalle volver traballar no seu oficio.

 

O venezolano Jonny Gandica chegou coa súa muller e o seu fillo escapando do clima de inseguridade que se vive no seu país. Actualmente está realizando un curso de soldador, grazas ao cal espera conseguir un traballo. «Necesitamos estabilizarnos para axudar ás nosas familias alá», di.

 

Todos viñeron para emprender unha nova vida e esquecer os momentos tráxicos que atravesaron nos seus países de orixe. «É moi duro para min falar do meu pasado. Cando o recordo, séntome moi mal», afirma o guineano Lamarán.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas