GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda invita ás e aos primeiros 53 beneficiarios de Reencontros na casa procedentes da Arxentina que aterran en Galicia a “redescubrir a súa terra de orixe e ás súas xentes”

(20/06/2019)

Miranda invita ás e aos primeiros 53 beneficiarios de Reencontros na casa procedentes da Arxentina que aterran en Galicia a “redescubrir a súa terra de orixe e ás súas xentes”

 

O secretario xeral da Emigración recibiu ás e aos participantes no aeroporto de Alvedro á súa chegada desde a cidade de Bos Aires.

 

Máis de 130 galegas e galegos maiores de 65 anos residentes en América participarán nesta nova convocatoria, que busca reforzar os lazos da emigración coa Galicia territorial.

 

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2019.

 

Imaxe da chegada está mañá das e dos participantes procedentes da Arxentina ao aeroporto coruñés de Alvedro

Imaxe da chegada está mañá das e dos participantes procedentes da Arxentina ao aeroporto coruñés de Alvedro

 

 

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invitou esta mañá os primeiros beneficiarios e beneficiarias do programa “Reencontros na Casa” 2019 procedentes da Arxentina a “redescubrir a súa terra de orixe e ás súas xentes logo de varios anos sen regresar a ela”. O responsable do departamento autonómico recibiu o máis de medio cento de participantes nesta nova convocatoria da iniciativa do Goberno galego que chegaron desde a cidade de Bos Aires, facendo escala en Madrid, no aeroporto de Alvedro, onde as e os agardaban os seus e as súas familiares, con quen pasarán entre 15 e 45 días de convivencia nos seus respectivos fogares.   

 

Este ano serán máis de 130 os galegos e galegas residentes no exterior que participarán no programa, cuxa finalidade é promover o contacto das persoas galegas residentes no exterior coa súa terra e coas súas familias, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia. Os beneficiarios e beneficiarias chegarán á comunidade autónoma a través dos seus tres aeroportos ao longo destes días para reunirse coas e cos seus e retomar a relación coa súa terra de orixe. 

 

Mañá á tarde será o aeroporto de Peinador o que acolla a chegada do segundo grupo máis numeroso desta nova convocatoria, con case medio cento de participantes, procedente de Venezuela. No resto de voos aterrarán os beneficiarios e beneficiarias deste ano procedentes do Uruguai (15), O Brasil (10) e Cuba (9).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas