GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Problemas para obter a nacionalidade e visados, as principais queixas dos españois do exterior ao Defensor do Pobo

(14/06/2019)

Problemas para obter a nacionalidade e visados, as principais queixas dos españois do exterior ao Defensor do Pobo


E. C., Vigo | 13 Xuño 2019 - Crónicas da Emigración


Fernández Marugán, durante la entrega del Informe Anual en el Senado.

Fernández Marugán, durante a entrega do Informe Anual no Senado.

 

Os problemas para obter a nacionalidade e os visados son as principais reclamacións dos españois do exterior na oficina do Defensor do Pobo, segundo o Informe Anual presentado e entregado polo Defensor do Pobo en funcións, Francisco Fernández Marugán, ao presidente do Senado, Manuel Cruz, e á presidenta do Congreso, Meritxell Batet.

En concreto, o Informe explica que, segundo o Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE), o incremento de españois residentes no exterior ao 1 de xaneiro de 2018 foi dun 3,2% respecto ao ano anterior, un aumento de poboación que se rexistrou sobre todo entre os españois que teñen fixada a súa residencia en América, un 62%, e en Europa, un 34,7%. Cabe destacar o novo descenso do número de españois residentes en Venezuela.

Este incremento de poboación no exterior, asegura o Informe, “non se viu acompañado do necesario reforzo de medios materiais e persoais, daquelas demarcacións consulares que viron incrementado o número de residentes nos últimos anos”, o que afecta á atención recibida polos residentes no exterior.

O Consulado Xeral de España na Habana segue sendo, un ano máis, o que acumula un maior número de queixas pola demora nas solicitudes de nacionalidade ao amparo da Lei de Memoria Histórica. Anualmente, este consulado resolve unhas 10.000 solicitudes e o ano pasado realizaou un importante esforzo para requirir información complementaria sobre 14.000 expedientes cos que non se realizou ningunha actuación. Ademais, en decembro do pasado ano iniciouse o proceso para contratar a 15 asistentes temporais para resolver os expedientes. O prazo medio para a revisión da documentación achegada nos expedientes de nacionalidade non baixa de 34 meses.

O Informe do Defensor do Pobo tamén lembra que, o pasado 17 de maio de 2017, as autoridades cubanas autorizaron a apertura dun Consulado Xeral de España en Santiago de Cuba pero que segue sen materializarse.

A falta de dotación de persoal no rexistro civil consular de Islamabad tamén provocou numerosas queixas. En xuño de 2018, a entón Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios informou de que se estaban practicando as inscricións solicitadas a partir de abril de 2015, asegura o Informe.

En 2018, o Defensor do Pobo continuou as actuacións ante o Consulado Xeral de España en Porto Alegre, Brasil, polo atraso na inscrición do nacemento da filla dun cidadán español. O Rexistro Civil consular confirmou que a inscrición se practicou aos catro meses do nacemento, un tempo considerado “excesivo” polo Defensor do Pobo.

Durante o pasado ano tamén continuaron abertas as actuacións relacionadas coa práctica consular, fundamentalmente nos consulados xerais de España en Bogotá (Colombia) e Quito (Ecuador), de cancelación de inscricións de nacemento con valor de simple presunción. Nuns casos procedeuse á cancelación, sen notificación ao interesado, e noutros se entendeu que, tras a obtención da nacionalidade por residencia dos pais, o fillo, español con valor de simple presunción, debía volver solicitala por opción.

Desde a Oficina do Defensor do Pobo formulouse un Recordatorio de deberes legais á Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares para que non adopten medidas que supoñan o descoñecemento das inscricións realizadas polos rexistros civís competentes, en tanto as mesmas non sexan rectificadas ou canceladas, tras a incoación do oportuno expediente gubernativo, de conformidade co previsto no artigo 91 da Lei de Rexistro Civil.

Outra das cuestións que seguiu aberta durante o pasado ano é a situación na que se atopan un número significativo de españois residentes no exterior que perderon a nacionalidade por descoñecemento da obrigación de declarar a vontade de conservala. Segundo lembra o Informe, a Secretaría de Estado de Xustiza aceptara en 2017 a Recomendación formulada para atallar esta situación e dera o seu traslado ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, pero “á data de peche deste informe, a pesar de requirilo reiteradamente, non se ten coñecemento das medidas adoptadas, polo que continúan abertas as actuacións”.

Visados

O Consulado da Habana tamén é o que máis queixas recibiu polos problemas á hora de obter os visados. Desde a Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares informaron o Defensor do Pobo da posta en marcha en 2017 dun sistema de solicitude de citas para erradicar o fraude existente, grazas a que se encarga da xestión o persoal consular e imposibilita que o solicitante cambie a súa quenda con outra persoa. A pesar disto e debido á falta de persoal as solicitudes non se poden atender no tempo desexado e por iso o Defensor do Pobo considera que “o problema exposto non foi resolvido”.

A demora na tramitación de visados na Embaixada en Islamabad (Paquistán) tamén recibiu varias queixas, así como as dificultades no acceso á cita previa no Consulado Xeral de España en Nador (Marrocos)

Retornados de Venezuela

O Informe do Defensor do Pobo lembra que continúan as actuacións en relación co colectivo de pensionistas residentes en España afectados pola falta de pagamento das pensións procedentes de Venezuela e explican que a Secretaría de Estado da Seguridade Social está a tratar de atopar unha solución coordinada coa Secretaría de Estado de Migracións.

Presos españois no estranxeiro

O Defensor do Pobo supervisa a actuación consular para comprobar que presta a debida asistencia, protección e asesoramento aos españois privados de liberdade en cárceres estranxeiros. En concreto, fai seguimento dos españois en cárceres de Perú, México, Paraguai, Panamá, Ecuador, Arxentina, Brasil, Colombia, Venezuela, Estados Unidos, Tailandia, India, Marrocos, Francia, Hungría, Malta e Grecia.

O Defensor do Pobo presentará un resumo deste Informe ante os plenos do Congreso e o Senado no que poderán intervir os grupos parlamentarios para fixar a súa postura. Previamente, será tamén debatido na Comisión Mixta de Relacións co Defensor do Pobo, composta por senadores e deputados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas