GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta apoia a contratación de persoal de alta cualificación para desenvolver tarefas de I+D+i en entidades galegas entre as medidas de fomento de retorno do talento incluídas na Estratexia Retorna 2020

(14/06/2019)

A Xunta apoia a contratación de persoal de alta cualificación para desenvolver tarefas de I+D+i en entidades galegas entre as medidas de fomento de retorno do talento incluídas na Estratexia Retorna 2020

 

O prazo de solicitude da segunda edición da convocatoria Talento Sénior, que permitirá a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de experiencia en empresas, organismos de investigación e centros tecnolóxicos, abriuse o martes.

 

As axudas varían en función da retribución bruta dos contratos, primando o retorno de profesionais a Galicia, o emprego indefinido e a incorporación de mulleres.

 

A través da primeira edición contratáronse 10 profesionais de alta cualificación en sectores como TIC, automoción, aeronáutica, Industria 4.0 ou servizos de enxeñaría.

 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 12 de agosto

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 12 de agosto

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2019.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a segunda edición da convocatoria de axudas Talento Sénior, medida incluída na Estratexia Retorna 2020 encamiñada a apoiar a contratación de profesionais de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i en empresas e organismos de investigación públicos ou privados de Galicia. A orde, que ten aberto o prazo de solicitude ata o 12 de agosto, está dotada cun orzamento ampliable de 960.000 euros, co que se prevé apoiar a contratación de 14 profesionais con máis de cinco anos de experiencia no ámbito da I+D+i.

 

A intensidade da axuda variará entre o 40 e o 60% en función da retribución bruta por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a 3 anos. Apoiaranse ata 2 contratos por entidade, en función da dispoñibilidade orzamentaria, cunha retribución anual bruta mínima de 40.000 euros. Os requisitos que debe cumprir o persoal que se contrate son: estar en posesión dunha titulación universitaria media ou superior, contar cunha experiencia laboral superior a 5 anos e non ter sido contratada ou contratado nos 2 anos anteriores pola entidade solicitante, no mesmo grupo de cotización.

 

Entre os criterios de valoración da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, inclúense o perfil da persoa que se vai contratar, a súa experiencia en I+D+i e a súa traxectoria internacional, a condición de retorno e atracción e a calidade do proxecto de I+D+i proposto. Primarase, ademais, a igualdade de xénero, tendo en conta que a persoa a contratar sexa unha muller e que a entidade beneficiaria presente un plan de igualdade, e a contratación indefinida.

 

O obxectivo desta liña de axudas é estimular a demanda de profesionais de alta cualificación nas empresas e centros de coñecemento, así como atraer e reter talento en Galicia. A edición de 2018 deste programa permitiu a contratación de 10 profesionais de alta cualificación -sete en empresas e tres en centros tecnolóxicos- que desempeñan actividades de I+D+i en sectores como as TIC, a automoción, o aeronáutico, a Industria 4.0, o lácteo, a pesca ou os servizos de enxeñaría. 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas