GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda leva a Estratexia Retorna 2020 a tres das principais cidades do Brasil

(11/06/2019)

Miranda leva a Estratexia Retorna 2020 a tres das principais cidades do Brasil






A Rexión Internacional 10/06/2019 Brasil |


O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, pon fin hoxe á viaxe que está a realizar polo Brasil cunha presentación da Estratexia Retorna 2020 e da evolución que está a experimentar o documento aprobado en abril do ano pasado polo Goberno galego para fomentar o retorno das galegas e os galegos do exterior. O suramericano constitúe un dos países prioritarios na difusión do conxunto de máis de medio centenar de medidas destinadas a facilitar o regreso das e os emigrantes e os seus descendentes orixinarios de Galicia á comunidade, xa que se trata do terceiro país en volume de regreso, segundo as cifras publicadas polo Instituto Nacional de Estatística (INE) en 2017 e o segundo durante o primeiro semestre de 2018, as últimas de carácter oficial.

A Casa de España de Río de Janeiro, a Sociedade Hispano Brasileira de São Paulo e o Centro Español de Santos foron os tres escenarios elixidos para levar aos galegos e galegas as charlas sobre as novidades que presenta a Estratexia Retorna 2020, integrada por iniciativas que pretenden cubrir as necesidades das persoas retornadas ou daquelas que están a planificar a súa volta en todos os ámbitos que afectan o seu regreso.

Miranda, que estivo acompañado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, tanto na firma do convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos como na presentación das medidas de fomento do retorno, puxo, ademais, nesta última o foco sobre os programas cuxo prazo de solicitude permanece aberto nestes momentos, entre os que destaca as bolsas de retorno para o Ciclo Superior de Formación Profesional (FP), cuxa segunda convocatoria acaba de sacar a Consellería de Educación, Universidade e Educación Profesional e que se pode pedir ata o 2 de xullo.

“A experiencia dos nosos mozos é fundamental, tanto os que naceron en Galicia saíron ao exterior en busca de novos obxectivos como os que naceron xa nos seus países de destino, para construír esa Galicia cosmopolita e competitiva que queremos. A nosa terra está sempre aberta para vós e para os vosos descendentes, e os galegos estamos sempre encantados de recibir aqueles que nos poden axudar a mellorar, que nos achegan ideas e traballo para remar nunha mesma dirección cara ao benestar de todos”, destacou Miranda.


Miranda Brasil 1 web


Unha axuda de 10.000 euros para menores de 30 anos

A convocatoria que si permanece aínda aberta é a das Bolsas de Retorno do Ciclo Superior de Formación Profesional (FP), que poderá solicitarse ata o próximo 2 de xullo. Dotadas cunha axuda de 10.000 euros (5.000 euros para cada un dos dous cursos de que consta), este programa da Consellería de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, incluído dentro da Estratexia Retorna 2020, busca incentivar o retorno das galegas e os galegos do exterior, non só das emigradas e emigrados, senón tamén dos seus descendentes, favorecendo a súa incorporación e a dos seus fillos e fillas nos centros de formación profesional da comunidade, así como no sistema universitario de Galicia.

Para optar a estas últimas bolsas, o mozo ou a moza debe cumprir e acreditar unha serie de requisitos tanto no prazo de presentación de solicitudes como na propia data de concesión da bolsa. Deste xeito, cando presente a súa solicitude, debe ser menor de 30 anos, estar en posesión da nacionalidade española, residir no estranxeiro e acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Ademais, é necesario ser emigrante nada ou nado en Galicia ou residir en Galicia de maneira continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar, ou ser descendente por consanguinidade dunha persoa que cumpra algunha destas condicións e nacer no estranxeiro; así como cumprir os requisitos académicos de acceso a ciclos de grao superior de FP.

 

Miranda Brasil 2 web


Con carácter previo á concesión da bolsa será necesario estar matriculada ou matriculado no curso 2019/20 no primeiro curso dun ciclo de grao superior de formación profesional en réxime común sostido con fondos públicos, no primeiro ano dun proxecto de formación profesional dual ou nun mínimo de 800 horas no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial. Dado que as bolsas concédense en réxime competitivo, haberá unha comisión de valoración que examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados ata un máximo de 18 puntos segundo o baremo establecido. Deste xeito, posuír o título de bacharelato ou equivalente valórase con 9 puntos, posuír a certificación das probas de acceso a ciclos superiores ou probas de acceso á Universidade para maiores de 25, con 5 puntos; outras titulacións, con 1 punto e vinculación con Galicia ata 3 puntos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas