GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Ao principio as nenas choraban, pero aos poucos a ferida vaise pechando»

(05/06/2019)

«Ao principio as nenas choraban, pero aos poucos a ferida vaise pechando»

 

Non pode nin dicir o seu nome. Pero si contar a súa historia; é a dun pai inmigrante recentemente chegado a Pontevedra

 


pontevedra / a voz 05/06/2019

As oenegués de Pontevedra están a comprobar como a demanda de alimentos e outro tipo de axuda aumenta pola chegada de inmigrantes, sobre todo de Venezuela e os seus países limítrofes. Algunhas dan cifras rechamantes, como o comedor social de San Francisco, onde pasaron para comer tres ou catro presentas de Sudamérica a acudir cada día 25 ou 30. Detrás deses números e desa realidade hai historias como a dun pai peruano que onte participaba nunhas xornadas formativas da asociación Boa Vida. Obvia o seu nome porque a súa situación en España, como a doutros moitos, aínda esá en vías de regularizarse.

 

A este home, que é pai de dúas fillas e que chegou con elas e coa súa muller desde Lima á comarca de Pontevedra fai só catro meses, pónselle un sorriso ao preguntarlle pola súa terra. Pero o xesto de alegría dura pouco, o seu rostro ponse serio en canto recorda o difícil que se puxeron as cousas para a familia en Perú, onde a empresa que el montou para vender material de seguridade laboral fracasou «e non aparecía máis traballo». Decidiron vir a Galicia e concretamente a Pontevedra porque aquí vivía un familiar que estaba disposto a botarlles unha man. Así o fixo. Foi o cravo ardendo ao que agarrarse. El non atopou traballo aínda, pero a súa muller si se empregou como limpadora. O máis duro, de momento, non é a supervivencia económica.

 

De momento, o que máis doe é o corazón. «Ao principio as nenas choraban, pero aos poucos a ferida vaise pechando. Estaban moi unidas á súa avoa e é duro deixar atrás a toda a familia, a toda a túa xente... supoño que viviremos con esa cicatriz. Pero espero que non sexa unha ferida», sinalaba case entre susurros.

 

Primeiro, como voluntario

 

O seu soño galego está claro. Quere traballar e que a familia poida saír adiante. De momento, e mentres regulariza a situación, topou un apoio en Boa Vida. O que fai este colectivo é formar voluntarios, que por exemplo traballan na súa tenda de roupa ou almacén -onde vende roupa e todo tipo de artigos doados-, e cobran unha contía mínima, para que poidan ir tirando mentres buscan emprego. Onte Pepa Vázquez, traballadora social, foi a encargada da formación. E de deixarlle claro aos recentemente chegados que non están sos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas