GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

María Xosé Porteiro funde en ‘Sándalo’ diversas historias da migración entre Galicia e Cuba durante os últimos 200 anos

(03/06/2019)

María Xosé Porteiro funde en ‘Sándalo’ diversas historias da migración entre Galicia e Cuba durante os últimos 200 anos


A xornalista presenta en Vigo o seu último libro, "unha novela sobre a identidade dos pobos, máis que sobre a emigración"



Galicia Exterior.

Félix Caballero Vigo 1 | 31 de maio de 2019





Llerena Perozo, Carlos Lema, María Xosé Porteiro, Ramón Nicolás e Carlos Bernárdez.


Sándalo, a nova novela da xornalista e escritora María Xosé Porteiro, fai un percorrido sentimental pola historia de Galicia e Cuba nos últimos 200 anos a través de diversas historias das migracións. A autora presentou a súa obra o xoves 30 de maio na librería Cartabón de Vigo acompañada de Carlos Lema, director de Edicións da editorial Galaxia, responsable da publicación do libro; a súa filla Llerena Perozo, tamén editora; e o crítico Ramón Nicolás.

A novela –a segunda de Porteiro, 18 anos despois da primeira, Covardes– arrinca en 1823 coa execución do comandante Rafael del Riego, protagonista da sublevación liberal de 1820. A partir de aí, empézanse a tecer historias que teñen que ver con guerras, con independencias e cambios sociais que se van dando paralelamente entre Galicia e Cuba. É unha novela que trata de recompoñer a historia común dos dous pobos e acaba por resolver unha historia puntual dunha familia.

A novela responde á suxerencia que o escritor e lingüista Anxo Tarrío fíxolle á súa autora fai corenta anos de que escribise sobre a súa experiencia na emigración. Porteiro, de pai galego e nai asturiana, naceu en Madrid, pero pasou a súa infancia en Cuba, ata os 14 anos. A necesidade de escribir a novela fíxose forte na autora hai unha década, ao seu regreso de Arxentina e Uruguai, onde foi delegada da Xunta e reencontrouse co mundo da emigración.

Llerena Perozo cualificou Sándalo de “unha novela árbore, froito dunha mente árbore”, e dixo que máis que unha novela sobre a emigración, “é unha novela sobre a identidade dos pobos: o galego, o asturiano e o cubano”.

Porteiro despediuse cunha frase contundente que é tanto unha promesa como unha confesión: “Seguirei escribindo porque teño a maldición de Sherezade: gústame escribir a anacos”.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas