GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Zas: Unha exposición mostra a emigración do século XX con fotos da Axencia EFE

(24/05/2019)

Unha exposición mostra a emigración do século XX con fotos da Axencia EFE




A Rexión Internacional

Axencia EFE 23/05/2019

 

Unha selección de corenta fotografas realizadas por fotoperiodistas da época e procedentes dos arquivos da Axencia EFE achegarán desde mañá ao público á realidade histórica da emigración española, incluída a galega, nunha exposición instalada no municipio coruñés de Zas.

O Centro Sociocultural de Baio acollerá a mostra, que se poderá ver ata o próximo 16 de xuño da man de Abanca, Afundación e o Concello de Zas, co título "Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX", que recolle aquelas vivencias a través da mirada profesional e humana dos fotoperiodistas da época.

Á inauguración, programada para mañá ás 10:30 horas, está previsto que acuda o alcalde de Zas, Manuel Muíño, así como representantes de Abanca e Afundación, e incluirá unha visita guiada.

A exposición inscríbese no proxecto "Corrente cultural" da Obra Social de Abanca, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas