GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta inclúe as e os emigrantes retornados nos colectivos prioritarios para as axudas á formación das persoas desempregadas, ás que destina 36 millóns de euros

(20/05/2019)

A Xunta inclúe as e os emigrantes retornados nos colectivos prioritarios para as axudas á formación das persoas desempregadas, ás que destina 36 millóns de euros

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas para os cursos de formación para desempregadas e desempregados que se imparten en centros homologados pola Administración.

 

As entidades interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 10 de xuño.

 

O obxectivo é alcanzar os 13.500 alumnos e alumnas a través de 900 cursos.

 

Terán preferencia para a participación nos cursos -entre outros colectivos- as e os emigrantes retornados

Terán preferencia para a participación nos cursos -entre outros colectivos- as e os emigrantes retornados

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2019.

 

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou no DOG a convocatoria de axudas para os cursos de formación para persoas desempregadas que se imparten en centros homologados pola Administración para 2019-2020, así como as bases reguladoras deste procedemento de concorrencia competitiva. Terán preferencia para a participación nos cursos as e os emigrantes retornados entre outros colectivos, nos que tamén se atopan as mulleres, especialmente aquelas que teñan a condición de vítimas de violencia de xénero, persoas desempregadas de longa duración, menores de 30 anos, persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, con baixa cualificación, ou que teñan superados un ou varios módulos dun certificado de profesionalidade ou que obtivesen acreditacións parciais mediante o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.

 

En total, destinaranse 36M€ co obxectivo de beneficiar a 13.500 alumnas e alumnos a través de 900 cursos. En concreto, un 33% ás provincias da Coruña e Pontevedra e un 17% ás de Lugo e Ourense. Reservarase o 5% de cada unha das anteriores contías ás solicitudes de financiamento para accións formativas en competencias clave e outro 5% para  especialidades formativas da familia profesional de edificación e obra civil. Ademais, haberá unha reserva equivalente, do 25%, para especialidades formativas vinculadas cos sectores do metal, do naval e da automoción, e outra reserva dun 15% das mesmas aplicacións orzamentarias para especialidades formativas de informática e comunicacións, vinculadas coas competencias dixitais.

 

As accións formativas empezarán en setembro deste ano, e poderán impartirse ata o 30 de setembro de 2020. Aos apoios poden acceder as entidades que sexan titulares de centros e entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral de Galicia: empresas, entidades sen ánimo de lucro e concellos. O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 8 de maio e rematará o 10 de xuño.

 

Outorgaranse, ao igual que ata o de agora, máis puntos na baremación aos cursos relacionados coa Industria 4.0 e competencias dixitais, as especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral e as accións relacionadas con competencias de idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e do funcionamento das administracións públicas.

 

A formación para persoas desempregadas enmárcase na Axenda 20 e é un reto prioritario para o Goberno galego que traballa, ademais, na adaptación dos perfís profesionais ás demandas que está requirindo o tecido produtivo nesta nova era tecnolóxica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas