GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os estranxeiros xa compran vivendas en Galicia ao mesmo ritmo que antes da crise

(15/05/2019)

Os estranxeiros xa compran vivendas en Galicia ao mesmo ritmo que antes da crise

A adquisición de inmobles suma cinco exercicios á alza e increméntase un 15% no último ano || Portugueses e británicos dominan o mercado na comunidade

 

13.05.2019 |La Opinión

 
Chalé en Oleiros.

 

 

 

A crise económica afectou a todos: españois e estranxeiros. Unha proba de que tamén lles prexudicou a estes últimos foi que a compravenda de vivendas por parte de foráneos chegou a esborrallarse un 34% en Galicia en 2013. Pero a partir dese ano chegou a recuperación e no cinco seguintes exercicios encadeou subidas de dous díxitos.

 

No último, o de 2018, as adquisicións de inmobles que realizaron súbditos doutros países incrementáronse un 15,6% ao pasar das 716 de 2017 ás 828 do ano pasado. Con estas cifras, o mercado galego volve moverse en niveis anteriores á crise, segundo os datos que publicou onte o Consello Xeral do Notariado.

 

No conxunto do país, a actividade aumentou un 3,5% en 2018 -catro veces menos que o incremento galego- ata as 103.676 operacións. As adquisicións estiveron lideradas polos compradores de Reino Unido. No caso de Galicia, portugueses e británicos, co 20% cada un, dominaron as compravendas de vivendas.

 

Por comunidades autónomas, no segundo semestre do pasado ano rexistráronse incrementos superiores ao 20% en Asturias (29,1%), Castela e León (26,8%), Murcia (21,3%) e Castela-A Mancha (20,2%). Polo lado contrario, rexistráronse descensos en Canarias (-15,3%), Baleares (-13,5%) e Madrid (-4,3%). Galicia, co 15,6% de incremento, situouse na oitava praza.

 

O prezo medio por metro cadrado seguiu rexistrando fortes diferenzas entre comunidades autónomas, segundo os notarios. Por encima da media nacional situáronse Canarias (1.856 euros), Cataluña (2.008), País Vasco (2.130), Madrid (2.254) e Baleares (2.987), mentres que por baixo dos 1.000 euros aparecen Castela-A Mancha, A Rioxa, Estremadura, Castela e León, Aragón e Galicia (866 euros).

 

Se se ten en conta a residencia, o 44% das operacións de compravenda realizáronas estranxeiros non residentes, grupo que rexistrou un descenso do 4,9%, co que, segundo os notarios, "confírmase a caída das compravendas deste segmento".

 

Pola súa banda, os estranxeiros residentes supuxeron o 56% das compravendas, que rexistraron un incremento do 6,9% interanual, polo que "parece que rompe a tendencia de crecemento de compravenda de inmobles por parte de estranxeiros residentes, que levaba crecendo por encima do 10% desde 2014.

 

Por nacionalidade a nivel nacional, os compradores de maior peso foron os británicos (+25,3%), seguidos dos franceses (+8%), alemáns (+7,5%) e romaneses (+7,1%).

 

Os notarios resaltan que na segunda metade do ano, os prezos medios nas operacións nas que o comprador era nacional creceron máis que cando foi estranxeiro residente e non residente, polo que "se volve a manter a senda observada desde 2014 cun crecemento superior para os prezos de compradores nacionais sobre os dos estranxeiros, que rompeu no segundo semestre de 2017".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas