GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A presenza de nenos refuxiados aumenta a necesidade de docentes especiais no Barco

(10/05/2019)

A presenza de nenos refuxiados aumenta a necesidade de docentes especiais no Barco

 

CC. OO. denuncia a sobrecarga de traballo á que está sometido o profesorado de atención á diversidade

 

 


O Barco 10/05/2019 

 

O Barco de Valdeorras é un dos municipios que desenvolve un labor activo na acollida de refuxiados. Ata o 60 % das persoas que chegan son nenos, cuxo descoñecemento total do idioma fai inevitable a necesidade de apoiar os sistemas de educación cun incremento do número de profesores de atención á diversidade, docentes especializados en pedagoxía terapéutica e en audición e linguaxe. Desde CC. OO. Valdeorras denuncian a sobrecarga de traballo á que están sometidos estes profesionais nos centros de infantil e primaria do Barco desde hai varios anos.

 

No curso 2018-2019, os colexios do municipio tiveron 26 alumnos novos procedentes de países como Siria, Ucraína e Paquistán, que requiren de atención á diversidade, con previsión de que se sumen dúas máis ao comezo do próximo curso. A pesar diso, e tal e como afirman desde o sindicato, a Consellería de Educación non dotou aos centros de ningún docente a maiores. Pola súa banda, a Xunta defende: «Cada ano se analizan as necesidades dos centros escolares, así coma a evolución demográfica, e se asignan todos os recursos que fagan falta, isto é o que ocorre no caso de O Barco».

 

No caso do CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira contan cun profesor con formación en pedagoxía terapéutica e cunha profesora especializada en audición e linguaxe. Neste centro están matriculados 13 dos 26 nenos refuxiados, ademais de contar co caso dunha alumna con problemas severos de audición que precisa da atención e o apoio da docente de audición e linguaxe.

 

Desde CC. OO. reclaman de xeito urxente a convocatoria dun consello escolar municipal para tratar o tema coa administración pública e poder chegar a un solución óptima canto antes. «Os consellos convócanse tres veces ao ano e aquí levamos dende o 2013 sen ter un», explica Daniel Rodríguez, responsable de comunicación do departamento de Ensino de CC. OO.

 

Sen unha coidadora

 

Con respecto ao persoal laboral dos centros educativos, o sindicato denuncia a perda dunha coidadora no CEIP Conde Fenosa do Barco. A traballadora foi traslada este martes ao CPI Tomás Terrón de Sobradelo e a súa praza non foi cuberta aínda, polo que no colexio barquense, o que ten maior número de alumnos con necesidades especiais do municipio, pasaron de contar con tres profesionais dese ámbito a só dous.

 

Tamén no campo da administración houbo cambios nos últimos meses. O IES Lauro Olmo leva desde setembro sen cubrir unha das dúas prazas de administrativo coas que conta. Por iso, os labores relacionados co posto están a ser realizadas polo equipo directivo e veranse incrementadas a partir de xuño co período de matriculación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas