GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados en Ourense: " Nós só pedimos igualdade social"

(10/05/2019)

Os retornados en Ourense: " Nós só pedimos igualdade social"



El colectivo de emigrantes ourensanos retornados volvió a salir  a la calle para reivindicar sus derecho
O colectivo de emigrantes ourensáns retornados volveu saír á rúa para reivindicar os seus dereitos



A REXIÓN INTERNACIONAL 09/05/2019


O colectivo de emigrantes ourensáns retornados volveu saír á rúa para reivindicar os seus dereitos: " Nós só pedimos igualdade social, que nos traten coma ao resto". Os afectados seguen en pé de guerra para esixir a derrogación da lei 35/2006 -segundo a cal deben realizar a declaración da renda por pensións superiores a 11.200 euros-.

O recente cambio de Goberno anímaos a seguir adiante, tal e como explica Luís Quintas, presidente da plataforma: "Esperamos que nos escoiten, porque polo momento pouco caso nos teñen feito". O colectivo leva 6 anos manifestándose e aínda non presenciou un cambio real. " Cando nos fomos ninguén nos axudou e agora tampouco", asegura Delfina Otero, unha afectada. "A que vén esa inxustiza?", sinala o retornado Antonio Rial. "Merecemos algo de atención, sobre todo despois de que Galicia crecera grazas ao diñeiro que mandamos dende ou estranxeiro", engade.

Ademais de pedir o mesmo tratamento que o resto de xubilados non retornados, a plataforma tamén lembra a falta de recoñecemento das invalideces. " Non nolas recoñecen, aínda que o Estado aquí non paga nada por elas", asegura Luís Quintas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas