GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Vixilancia das fronteiras e loita contra as redes ilegais

(06/05/2019)

Vixilancia das fronteiras e loita contra as redes ilegais

 


Redacción / La Voz 06/05/2019

O documento O fenómeno migratorio en España. Reflexións desde o ámbito da Seguridade Nacional analiza, entre outras cuestións «a necesaria integración dos inmigrantes, a vixilancia e protección das fronteiras exteriores ou a loita contras as redes de inmigración regular». 

 

Os menores

 

O periplo migratorio. Na análise de Seguridade Nacional dedícase un apartado especial á «crueza do periplo migratorio vivido por un menor ata chegar a Europa». E é que o drama dos denominados menores non acompañados, que habitualmente acaban en centros tutelados polas autonomías, constitúe un dos casos máis graves pendentes de resolver do fenómeno migratorio. A súa integración resulta fundamental para evitar que acaben vivindo na rúa ou en mans de redes criminais. 

 

 

As oenegués

 

Un papel crucial. Tamén resulta crucial o papel das axencias, oenegués e diferentes organismos que traballan no campo da inmigración. Neste caso, o documento elaborado por Seguridade Nacional subliña a contribución de institucións como Acnur, a Organización Internacional para as Migracións, a Cruz Vermella ou Save the Children. 

 

Análise xeopolítica

 

Procesos demográficos en África. O libro inclúe unha análise xeopolítica sobre as causas da migración mediante o estudo dos procesos demográficos en África, as consecuencias do cambio climático ou a situación específica da rexión do Sahel, que están na orixe dos movementos migratorios desde o continente africano cara a España como porta de entrada á UE. Neste sentido, analízanse dous posibles escenarios: a renacionalización da política de emigración (unha das causas do brexit) ou unha maior integración do proxecto europeo nesta cuestión. 

 

Estratexia

 

Os grandes obxectivos. Os principais obxectivos da estratexia exposta son a protección do inmigrante fronte ás redes de tráfico de persoas, a loita contra a discriminación e a promoción da integración.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas