GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Máis de 420 mozas e mozos galegos residentes en catro dos cinco continentes solicitan unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que vén de pechar a súa terceira convocatoria

(06/05/2019)

Máis de 420 mozas e mozos galegos residentes en catro dos cinco continentes solicitan unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior, que vén de pechar a súa terceira convocatoria

 

O programa da Secretaría Xeral da Emigración supera o número de peticións das edicións anteriores, das que 53 proceden de galegas e galegos nacidos na comunidade.

 

As e os aspirantes residen en 27 países diferentes, desde A Arxentina, o máis numeroso, ata Australia, Finlandia, O Reino Unido, Venezuela ou Austria.

 

A idade media dos candidatos e candidatas a recibir as axudas autonómicas é de 30 anos, malia que o grupo de máis numeroso é o de 25, cos que contan 40 solicitantes.

 

Un total de 583 persoas iniciaron o procedemento pero non o remataron por diferentes razóns.

 

Imaxe de arquivo do acto de entrega de diplomas á segunda promoción de bolseiras e bolseiros BEME

Imaxe de arquivo do acto de entrega de diplomas á segunda promoción de bolseiras e bolseiros BEME

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2019.

 

As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) creadas en 2017 pola Secretaría Xeral da Emigración, veñen de aumentar o número de solicitantes na súa terceira convocatoria, cuxo prazo de peticións vén de pechar. A nova edición deste programa do Goberno galego recibiu 423 candidaturas, malia que foron un total de 583 persoas as que iniciaron a tramitación. Sen embargo, 160 delas non concluíron o procedemento por algún motivo e o resto si concluíron os trámites.

 

Os candidatos e candidatas proceden, ademais, por primeira vez de catro dos cinco continentes, entre os que destacan por número de solicitudes América e Europa, pero que tamén inclúen este ano peticións chegadas de Oceanía (Australia) e África. Do total de aspirantes, 53 son cidadás ou cidadáns galegos nados en Galicia ou que residiron na comunidade máis de dez anos, malia que agora residen noutros países, nomeadamente europeos, como O Reino Unido e Portugal. 

 

Por países de procedencia das solicitudes, A Arxentina lidera a listaxe con 134, sendo tamén o que máis poboación galega de todo o mundo acubilla logo da Galicia territorial, con máis de 176.000. Séguelle Venezuela, con 85; O Brasil, con 59; O Uruguai, con 34; O Reino Unido, con 26 e México, con 21, entre outros. Todos estes países aumentan a cifra de peticións, agás O Uruguai e mantén o mesmo número ca o ano pasado. Engádense, ademais, este ano candidatas e candidatos residentes en Dinamarca, Finlandia, Austria ou Irlanda, entre as procedencias máis novidosas.

 

Os 25 anos, o grupo máis numeroso

 

Tamén as idades das e dos aspirantes a obter unha das 150 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior mudaron respecto ás da anterior convocatoria. Así, malia que se mantén a media, que ronda os 30 anos, o grupo máis numeroso de solicitudes nesta terceira convocatoria é de 25 anos, cun total de 40 candidatas e candidatos, en lugar dos 28 da edición 2018/2019. A seguinte franxa por número de aspirantes é a de 24 anos, con 33 solicitudes; 27 anos, con 31; 28 anos, con 30; e 31 anos, con 27.

 

Esta nova convocatoria das BEME incrementou o número de prazas dispoñibles, que pasaron de 100 a 150, e que incluía un aumento proporcional do orzamento destinado a este programa da Secretaría Xeral da Emigración, que pasou de 860.625 euros da anterior edición aos preto de 1,3 millóns de euros que se reservaron para a actual. O obxectivo é dar ás mozas e aos mozos galegos residentes no exterior a oportunidade de cursar un mestrado nunha das tres universidades galegas, grazas a unha axuda que oscila entre os 7.000 e os 11.475 euros en función do país de procedencia e a duración dos estudos subvencionados. Os gastos están destinados a cubrir tanto a matrícula como os billetes e a estadía dos beneficiarios e beneficiarias das bolsas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas