GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O voto emigrante ratifica o resultado en Galicia: PSOE 10 escanos, PP 9, En Común 2 e Cs 2

(03/05/2019)

O voto emigrante ratifica o resultado en Galicia: PSOE 10 escanos, PP 9, En Común 2 e Cs 2



 

A Rexión Internacional

Europa Press 02/05/2019


O reconto dos votos dos galegos inscritos no censo electoral de residentes ausentes (CERA) ratificou os resultados do escrutinio da noite electoral, con 10 escanos para o PSOE, nove para o PP, dous para En Común-Unidas Podemos e outros dous para Cidadáns, segundo os datos do reconto, aos que tivo acceso Europa Press.

Na comunidade galega había poucas posibilidades de cambio, ao quedar o último escano a un número considerable de sufraxios nas catro provincias para o seguinte partido na repartición. De feito, o que o tiña máis próximo era Cidadáns, a 10.899 votos en Ourense (o BNG estaba a 12.361 na Coruña).

Por outra banda, o PP, co reconto de papeletas deste mércores, mantén a vitoria na provincia de Lugo, onde quedara separado do PSOE por tan só 739 apoios. E é que do CERA tamén saen vencedores, aínda que con datos moi próximos, populares fronte a socialistas, por 474 a 463 votos, respectivamente.

En calquera caso, o voto dos residentes ausentes confirma que na provincia da Coruña o PSOE sobe nun deputado (ata tres), o PP perde outro (tamén tres), En Común-Unidas Podemos mantén un das confluencias e entra con outro Cidadáns. Os socialistas obtiveron 1.054 respaldos, polos 994 do PP, 520 de Unidas Podemos, 409 de Cidadáns, 24 de Vox, 197 do BNG e 183 de Pacma, de acordo co reconto.

En Pontevedra, segue, sen variación, o PSOE levándose tres actas (unha máis que en 2016), polas dúas do PP (unha menos) e outras dúas repartidas entre Unidas Podemos e Cidadáns. Nesta provincia, o CERA deixa 1.380 apoios para os populares, 1.121 para os socialistas, 582 para En Común-Unidas Podemos, 491 para Cidadáns, 329 para Vox, 268 para o BNG e 134 para Pacma.

En Ourense, foron 893 votos do CERA para o PP, 641 para PSOE, 256 para Cidadáns, 245 para Vox, 202 para Unidas Podemos e 96 para o BNG. Ratificado así queda o empate a dous en escanos entre PP e PSOE, fronte aos tres que obtiveron os populares na anterior cita coas urnas (e un os socialistas).

Por último, na provincia de Lugo, 474 residentes ausentes votaron a PP, 463 a PSOE, 158 a Cidadáns, 155 a En Común-Unidas Podemos, 64 a Vox e 59 a BNG, o que deixa igualmente a dous a distribución entre populares e socialistas (en 2016 foron dous escanos para o PP, un para o PSOE e outro para En Marea).

As xuntas electorais provinciais foron as encargadas de escrutar estas papeletas para o reconto definitivo de votos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas