GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Do taboleiro pontevedrés aos campos de refuxiados en Xordania

(16/04/2019)

Do taboleiro pontevedrés aos campos de refuxiados en Xordania

 

Xadrez Sete integrantes da Escola de Xadrez de Pontevedra ensinan este deporte a preto de trescentos nenos que foxen do conflito bélico de Siria

 

 


Pontevedra / A voz 16/04/2019

Dicía o gran Bobby Fischer que «o xadrez é unha guerra nun taboleiro. O obxectivo é esmagar a mente do opoñente». E a pesar de que moitos son os que estableceron paralelismos entre este deporte e as contendas bélicas, o certo é que, e xa van catro anos, Escola de Xadrez de Pontevedra está a demostrar todo o contrario co seu proxecto Estratexia pola Paz - Chess Strategy for Peace nos campos de refuxiados xordanos de Azraq e Za'atari, considerado como o segundo maior campo de refuxiados do mundo e que acubilla a máis de oitenta mil presentas que fuxiron da guerra de Siria.

 

Foi unha viaxe longa o que tiveron que realizar os sete pontevedreses que partiron, días atrás, do aeroporto luso do Porto, xa que fixeron escala en Istambul (Turquía) antes de chegar ao seu destino na capital xordana. Tras case cinco horas de voo, os voluntarios fixéronse cargo dos máis de seiscentos quilos de material que remitiran previamente a Xordania: 285 quilos de material de xadrez educativo, así como outros 380 quilos de manuais de elaboración propia traducidos ao árabe,

 

Xa na capital Ammán e, posteriormente, na súa base de operacións de Zarqa, os pontevedreses tiveron oportunidade de compartir tés e partidas con integrantes da Royal Jordanian Chess Clube e da Federación Xordana. Acompañados polo gran mestre ucraíno Yuri Kruppa e o mestre internacional inglés Andrew Norton, a Escola de Xadrez de Pontevedra non tardou moito tempo en desprazarse ao primeiro dos campos de refuxiados, o de Azraq.

 

«Unha inevitable sensación de tristeza invádenos ao chegar. Por unha banda, a dureza do deserto e a situación de miles de persoas refuxiadas esquecidas polo sistema», recoñecen desde a expedición pontevedresa. Estes sentimentos ven compensados, «por pouco que sexa», polo seu compromiso de botar unha man no que se poida e, ao mesmo tempo, transmitir o apoio de todas as persoas e centros educativos que desde a distancias colaboran con este proxecto.

 

Despregamento

 

Os voluntarios da cidade do Lérez repartíronse en tres grupos para, deste xeito, poder traballar con nenos e adolescentes doutros tantos grupos de idade: de 6 a 9 anos, de 9 a 12 e de 13 a 18. Nestas primeiras xornadas, os pontevedreses están a ensinar a un total de 257 refuxiados. «Desenvolvemos distintas actividades en interior e exterior -destacaron por correo electrónico desde Xordania-, entregando para finalizar ao alumnado e docentes o manual e un xogo que elaboraron con material de refugallo».

 

Tras varios días de labor humanitario, si con algo se están quedando os xadrecistas da Boa Vila é «coa inocencia de todos eles, que nas peores circunstancias ofrécennos o seu mellor sorriso».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas