GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 24 % dos votantes dos 67 concellos de Lugo residen no estranxeiro

(05/04/2019)

O 24 % dos votantes dos 67 concellos de Lugo residen no estranxeiro

 

Os seus votos serán válidos nas xerais e as europeas, pero non así nas municipais

 

 


05/04/2019

 

 

Un de cada catro votantes das eleccións xerais e europeas da provincia de Lugo residen no estranxeiro. Para os comicios do 26 de maio, os seus votos non contarán, porque só teñen dereito os residentes en cada municipio (incluídos cidadáns europeos e de países con acordos con España), pero en cambio o peso do voto de lucenses no exterior segue aumentando en comicios xerais, autonómicos e europeos.

 

En Instituto Nacional de Estatística publicou onte o censo electoral do 26 de maio, no que están chamados ás urnas 278.333 electores españois e 1.205 estranxeiros residentes nos municipios lucenses. Pola súa banda, 66.728 lucenses residentes no estranxeiro poderán votar nas eleccións xerais do 28 de abril.

 

Só hai sete provincias en España que superan a Lugo en electores residentes no estranxeiro (Asturias, Ourense, A Coruña, Pontevedra, Tenerife, Barcelona e Madrid). A súa incidencia nos comicios nada ten que ver co que sucedía hai máis dunha década cando os procedementos para votar eran máis sinxelos que os actuais.

 

Aínda así, chama a atención que hai municipios da provincia onde o número de electores no estranxeiro é maior que o residente no concello, o cal nunhas eleccións municipais podería resultar chocante que os seus votos decidisen quen pode ser alcalde. Estas cifras do censo electoral si constatan a perda de poboación do rural lucense. A modo de exemplo, en Navia están chamados a elixir alcalde 1.024 veciños, mentres que o censo do estranxeiro é de 1.400. Ou na Fonsagrada poderán votar 3.226 residentes, cando no exterior viven 3.261 fonsagradinos. No caso do concello de Lugo, dos 78.795 electores españois, hai que sumar outros 11.438 que viven no estranxeiro e cuxos votos si valerán para as xerais. Por contra, en municipios novos, como Rábade, o censo exterior apenas é relevante: 62 rabadenses no exterior.

 

As maiores colonias de lucenses que poden votar atópanse nos países de América. Case a metade residen en Arxentina (31.409), sendo Cuba o segundo país, con 14.178 lucenses. Venezuela, Uruguai, Estados Unidos e Brasil, por esta orde, son os seguintes países con máis electores lucenses. En Europa, Suíza con 2.728 electores, e Francia, con 2.339, son os países con máis lucenses con dereito a voto.

 

No caso contrario, o peso dos estranxeiros que residen nos municipios lucenses e teñen dereito a voto nas inminentes eleccións aumentou lixeiramente. Fai catro anos puideron votar nas municipais 1.175 estranxeiros e este 26 de maio poderán facelo 1.205, a maioría de Romanía (324) e Portugal (423).

 

Os mozos que se estrean nas tres citas electorais

 

Os lucenses que chegaron á maioría de idade para poder votar son diferentes segundo os tres comicios que se celebran entre abril e maio. Ao Parlamento Europeo poderán votar 10.671 novos votantes de Lugo (as últimas eleccións foron en maio do 2014). Para as locais, súmanse ás eleccións 8.545 persoas con respecto a maio do 2015. E para as eleccións xerais, as últimas foron en xuño do 2016, incorpóranse 6.219 novos electores.

 

Baixan os número de mesas e locais para votar

 

Para as eleccións do 26 de maio hai contorna a 10.000 votantes lucenses menos que fai catro anos. Isto provoca que toda a infraestrutura que se mobiliza nunha cita electoral sexa tamén menor, e a pesar de que este ano coincide coas europeas. Así, nos 67 municipios haberá 98 distritos (igual), 281 seccións (dez menos), 541 mesas (17 menos) e 441 locais (20 menos).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas