GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Convocado ‘Aventúrate con Galicia’, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que pon a disposición da xuventude galega do exterior medio cento de prazas en campamentos de xuventude

(05/04/2019)

Convocado ‘Aventúrate con Galicia’, o programa da Secretaría Xeral da Emigración que pon a disposición da xuventude galega do exterior medio cento de prazas en campamentos de xuventude

 

A iniciativa, organizada por Emigración coa colaboración da Consellería de Política Social, ofrece a rapazas e rapaces galegos da diáspora de entre 15 e 17 anos a posibilidade de elixir unha das tres modalidades de actividades.

 

Os beneficiarios e beneficiarias, que convivirán con residentes na Galicia territorial, poderán aloxarse durante a segunda quincena de xullo en instalacións dependentes da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 

 

Os campamentos desenvolveranse entre o 19 e o 28 de xullo, e o prazo de solicitudes pechará o 5 de maio.

 

Os albergues de Gandarío (Bergondo) e Area (Viveiro) e o Campamento de Os Chacotes (Palas de Rei) acollerán ás e aos mozos do 'Aventúrate con Galicia'

 

Os albergues de Gandarío (Bergondo) e Area (Viveiro) e o Campamento de Os Chacotes (Palas de Rei) acollerán ás e aos mozos do 'Aventúrate con Galicia'

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019.

 

A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a resolución pola que se convoca unha nova edición do programa “Aventúrate con Galicia”, dirixido a mozos e mozas con orixes en Galicia residentes no exterior, realizado coa colaboración da Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. O obxectivo desta iniciativa do Goberno galego é facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro coas e cos seus familiares a través da posta á disposición dos beneficiarios e beneficiarias de medio cento de prazas en campamentos xuvenís na Galicia territorial.

 

Son tres as modalidades nas que se desenvolve o programa. A primeira, Actividades no mar, ten como sede o albergue xuvenil de Gandarío, e para el convócanse 20 prazas. A segunda, de actividades de natureza, medioambiente e mar, ten un número similar de prazas e desenvolverase no Albergue Xuvenil de Area, en Viveiro. E a terceira, que leva por nome “Aventura T”, ten 10 prazas e realízase no Campamento Xuvenil de Chacotes (Palas de Rei). Os tres centros dependen da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

 

Segundo se estipula na resolución publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia DOG), que especifica a documentación a presentar polas e polos solicitantes, e os detalles do desenvolvemento do programa, o prazo para a presentación de solicitudes remata o 5 de maio.

 

A Xunta pon a disposición das persoas beneficiarias os servizos de aloxamento e manutención nos albergues xuvenís, así como o programa de actividades de tempo libre que se desenvolverá durante a súa estadía. Igualmente, responsabilízase do desprazamento dos beneficiarios e beneficiarias desde o aeroporto ou estación correspondente ata a instalación base das actividades.

 

Pola súa parte, cada unha das persoas beneficiarias farase cargo da organización e pagamento dos custos da súa viaxe de ida e de volta aos seus lugares de residencia ata e desde Galicia. Igualmente realizará as xestións necesarias para a saída e a entrada ao país, tales como visados ou pagamento de taxas.

 

Fomentar a convivencia

 

O programa ‘Aventúrate con Galicia’ complementa outros dirixidos á mocidade que Emigración vén desenvolvendo desde hai anos, tales como ‘Conecta con Galicia’, ‘Escolas Abertas’, ou os distintos obradoiros e cursos que organiza para a formación das segundas xeracións dos galegos e galegas no exterior. Hoxe en día estas supoñen máis do 70% do total das e dos galegos residentes no exterior, xa que menos do 30% foron nados na Galicia territorial, segundos os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE) a data 1 de xaneiro de 2019. 

 

As datas de realización destas actividades serán as comprendidas entre os días 19 e 28 de xullo de 2019, e van dirixidas a mozos e mozas residentes fóra de Galicia con idades comprendidas entre os 15 e os 17 anos de idade. Todo o programa, ao igual que o resto de medidas que desenvolve Emigración, busca fomentar a convivencia entre as mozas e mozos galegos residentes no exterior e as e os residentes na Galicia territorial.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas