GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As reclamacións incrementan en 5.359 electores o CERA para o 28-A, que ascende a 2.099.336 inscritos

(04/04/2019)

As reclamacións incrementan en 5.359 electores o CERA para o 28-A, que ascende a 2.099.336 inscritos


Redacción, Vigo | 03 Abril 2019 - Crónicas da Emigración


O número total de electores residentes no exterior con dereito ao voto nas eleccións xerais do próximo 28 de abril elévase a 2.099.336, unha vez finalizado o período de reclamacións que se abre tras cada convocatoria electoral, que nesta ocasión rexistrou na Oficina do Censo Electoral 10.490 demandas. Delas, foron aceptadas 10.319, modificáronse 4.790 e déronse de alta 5.528 votantes, mentres que 169 causaron baixa.

O maior número destas reclamacións rexistrouse na Comunidad de Madrid, con 3.011, das cales, aceptáronse 2.974 e foron dados de alta 1.575 electores. En Barcelona, o número de reclamacións presentadas quedou fixado en 1.053, aceptáronse 1.046 e déronse de alta 560 persoas. No conxunto de Cataluña rexistráronse un total de 1.322 demandas; 1.306 foron aceptadas e producíronse 703 altas, fronte a 26 baixas.

En Andalucía, o número de reclamacións rexistradas elevouse a 1.495, das cales foron aceptadas 1.480, con 823 altas e 31 baixas.

Polo que respecta a Galicia, as reclamacións aceptadas foron 646, catro menos das presentadas, e a cifra de altas é de 329, fronte a só 12 baixas. Das catro provincias galegas, A Coruña contabiliza 280 solicitudes presentadas, 279 aceptadas, 148 altas e 5 baixas. Pontevedra rexistra 261 reclamacións, das cales, 257 foron aceptadas, 137 foron altas e 7, baixas. En Ourense, presentáronse 68 reclamacións, aceptáronse 67 e déronse 26 altas, fronte a 39 baixas. Por último, en Lugo, presentáronse igual número de reclamacións das que foron aceptadas (41), e déronse 18 altas.

En Castela e León presentáronse 620 demandas, 606 foron aceptadas, 292 déronse de alta e 6 resultaron baixa.

No País Vasco foron 384 as reclamacións presentadas, nove máis das aceptadas e o número de altas ascendeu a 189 fronte a unha única baixa.

O número de reclamacións presentadas en Asturias foi de 318, das cales, aceptáronse 312. Un total de 162 persoas déronse de alta no Principado para os comicios do próximo 28 de abril.

Castela-A Mancha contabiliza unha cifra de 295 reclamacións, das cales foron aceptadas 294. Un total de 159 foron altas e 3, baixas.

En Aragón rexistráronse 285 demandas, con 278 aceptadas e 144 altas e dúas baixas.

Pola súa banda, Canarias contabiliza 259 reclamacións, tres máis das aceptadas, e un total de 143 altas.

A Región de Murcia alcanzou as 260 demandas, das cales, aceptáronse 256 e o número de altas elevouse a 147, fronte a 12 baixas.

En Cantabria contabilizáronse un total de 119 reclamacións; só se denegou unha e 62 déronse de alta, fronte a 1 baixa.

En Navarra rexístranse 148 reclamacións, 136 delas, foron aceptadas e 88 votantes foron dados de alta.

As illas Baleares contabilizan 134 reclamacións, con 131 aceptadas e 88 altas.

Polo que respecta á Rioxa, producíronse 60 reclamacións, as mesmas que foron aceptadas, e contabilizáronse 31 altas e só unha baixa.

Nas cidades de Ceuta e Melilla figuran 1 e 7 reclamacións, respectivamente, das que foron aceptadas 10 e 7. Un total de 4 electores foron dados de alta na primeira delas e 3, na segunda.

Comunidade Valenciana

Na Comunidade Valenciana presentáronse un total de 990 reclamacións, das cales, 960 foron aceptadas e 503 é a cifra de datos de alta. A maioría de reclamacións producíronse en Valencia (567, con 551 aceptadas e 282 altas), seguido de Alacante, con 324, 317 e 177, respectivamente. En Castelló os datos confirman 99 presentadas, 92 aceptadas e 44 altas.

Tras o período de reclamacións, o censo do exterior nesta Comunidade para as eleccións do 28-A (o presidente, Ximo Puig, fixo coincidir as valencianas coas xerais) elévase a 109.153 electores, dos cales, 61.557 son de Valencia; 38.214, de Alacante, e 9.382, de Castelló.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas