GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta abre o prazo de solicitude de Emprega Parados de Longa Duración con axudas para a contratación e formación que inclúen incentivos para as e os emigrantes retornados

(29/03/2019)

A Xunta abre o prazo de solicitude de Emprega Parados de Longa Duración con axudas para a contratación e formación que inclúen incentivos para as e os emigrantes retornados

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste neste programa dirixido ao tecido empresarial 2 millóns de euros e inclúe un bono formación de entre 2.000 e 4.000 euros, así como apoios para a contratación de 5.000 euros como mínimo.

 

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro.

 

Os incentivos á contratación incrementaranse nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadoras e traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico.

 

A iniciativa forma parte do programa Galicia Emprega con catro liñas de axudas a través das que cada contrato se asocia á posibilidade de mellorar a formación apoiando, polo tanto, a contratación dual de catro dos colectivos con máis dificultades para atopar un traballo, entre eles, as e os parados de longa duración.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria das axudas do programa Emprega Parados de Longa Duración ás que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina dous millóns de euros para apoiar a formación e contratación de desempregadas e desempregados nas empresas galegas, que inclúen como colectivo específico o das e dos emigrantes retornados. 

 

Deste xeito, finánciase, por unha banda, cun bono formación ás persoas sen emprego para que poidan responder ás necesidades formativas do tecido empresarial e, por outra, ofrécense incentivos á contratación ás empresas impulsando a contratación indefinida ou inicial cunha duración mínima de 12 meses a xornada completa. 

 

Con respecto ao bono formación, incentívase con 2.000 euros a cualificación das traballadoras e traballadores que son contratados de xeito inicial por 12 meses para que reciban unha formación mínima de 50 horas. Se o contrato é indefinido, o bono increméntase ata os 4.000 euros e a formación mínima terá que acadar as 70 horas. 

 

Un 25 % máis para os galegos e galegas que regresen á comunidade

 

En canto aos incentivos á contratación, as contías varían segundo o programa, aínda que aumentarán nun 25% se a empresa conta con máis de 50 traballadoras e traballadores e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70% e noutro 25% no caso de que a actividade pertenza a un sector estratéxico. Os apoios tamén aumentarán nun 25%, ademais de para colectivos con máis dificultades para atopar un traballo como son, por exemplo, as e os emigrantes retornados, se o centro de traballo está emprazado no rural.

 

As axudas base para a contratación de 12 meses a xornada completa das e dos parados de longa duración suman como mínimo 5.000 euros, incrementándose ata os 10.000 euros se se trata dun contrato indefinido. 

 

Emprega Parados de Longa Duración forma parte do programa Galicia Emprega, co que a Xunta apoia a formación e a contratación de mulleres, mozos e mozas, e persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión, ademais de parados de longa duración. Do que se trata é de impulsar o traballo nos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. Nas catro liñas de axudas -Emprega Muller, Emprega Persoas con Capacidades Diferentes ou en Risco de Exclusión Social, Emprega Parados de Longa Duración e Emprega Xuventude- fináncianse os contratos asociados sempre á posibilidade de mellorar a formación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas