GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os cidadáns da UE critican o sistema para seguir en Reino Unido tras o divorcio

(27/03/2019)

Os cidadáns da UE critican o sistema para seguir en Reino Unido tras o divorcio

 


27/03/2019

 

O sistema posto en marcha polo Goberno británico para que os cidadáns comunitarios poidan permanecer no Reino Unido tras o brexit foi criticado onte pola organización The3million, que defende os dereitos dos europeos. Hai dous tipos de status, o do «asentado», si levan máis de cinco anos no país, ou o do «pre-asentado», si levan menos. 

 

The3million solicita un rexistro que automático que recoñeza o status sen necesidade de que cada persoa teña que pedilo expresamente. Na súa opinión, co procedemento electrónico que comezará a funcionar o vindeiro sábado, o risco que asumen os residentes da UE se non completan esta solicitude é «demasiado alto», pois, segundo as declaracións da secretaria de Estado de Inmigración, Caroline Nokes, «claramente, aqueles que non o soliciten, tecnicamente non contarán con base legal» para permanecer no país.

 

Para o avogado especializado en inmigración Luke Piper, os comunitarios que non o fagan convértense en «potenciais vítimas de deportación ou que poderían non acceder a traballos». No trámite que os cidadáns europeos, que se calcula que son uns de 3,6 millóns, teñen que facilitar un documento de identidade, unha fotografía e unha declaración de antecedentes penais, antes do 30 de xuño do 2021 ou, si o Reino Unido finalmente abandona o bloque sen acordo, o 31 de decembro do 2020.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas