GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda lembra o papel fundamental que os emigrantes tiveron na educación de miles de nenas e nenos da Galicia territorial

(25/03/2019)

Miranda lembra o papel fundamental que os emigrantes tiveron na educación de miles de nenas e nenos da Galicia territorial






A Rexión Internacional 24/03/2019



O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, lembrou hoxe a vital importancia que tivo a emigración na educación de miles de nenas e nenos na Galicia territorial. O responsable do departamento autonómico quixo, así, poñer en valor o “impagable mérito de quen renunciaba, en moitas ocasións, ao benestar propio para axudar aos seus veciños e familiares que permaneceron na súa terra de orixe” durante o acto de nomeamento da praza dos Emigrantes de Dodro.

No acto, clausurado polo alcalde do Concello de Dodro, Valentín Alfonsín, contou coas intervencións de Hortensia Baleirón, veciña do municipio que residiu en Suíza durante 36 anos, e Luís Romeu, presidente da Unión de Residentes de Dodro na Arxentina, un dos países que maior número de dodrenses acubillou durante o pasado século, ademais de con a cónsul xeral da Arxentina, Silvia Montenegro, e a cónsul honoraria de Francia, Mónicas Dotras Menéndez.


Miranda Dodro 1


“Foron eles, os galegos que saíron ao exterior, quen fixo posible que esta Casa de Cultura exercese ata fai apenas trinta anos como escola, e tamén quen logrou que esa escola contase cun mestre, cuxo salario pagaron ata os anos 50. Trátase dun acto solidario e altruísta que aínda hoxe, case un século despois, séguenos admirando pola súa xenerosidade e sensatez”, engadiu Miranda.

Menos de 3.000 habitantes, e 720 no exterior

“Esta é unha das innumerables razóns polas que a sociedade galega, a través do seu máximo órgano de representación lexislativa, decidiu conceder por xustiza, segundo as súas propias palabras, a Medalla do Parlamento de Galicia deste ano á emigración galega”, concluíu o secretario xeral dá Emigración, quen lembrou que o acto oficial de entrega celebrarase nos próximos días na sede da institución galega.

O concello de Dodro conta na actualidade con 2.791 veciñas e veciños e con 720 empadroados no estranxeiro, de quen 332 son homes, e 388, mulleres.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas