GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Goberno desenvolve un proxecto piloto de visados de procura de emprego para fillos e netos de españois en Arxentina

(22/03/2019)

O Goberno desenvolve un proxecto piloto de visados de procura de emprego para fillos e netos de españois en Arxentina


Programa visados empleo


Para 2019 previuse unha cantidade inicial de 500 visados, podendo ampliarse a cifra ata alcanzar os 1.500

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social

19/03/2019

 

O Goberno puxo en marcha, a través do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, un proxecto piloto de visados de procura de emprego destinado a fillos e netos de españois que residen en Arxentina.

O Real Decreto 557/2011 do 20 de abril, que aproba o regulamento da Lei Orgánica 4/2000 do 11 de xaneiro sobre Dereitos e Liberdades dos Estranxeiros en España e a súa Integración Social, recolle a figura dos visados de emprego para fillos e netos de españois.

Este tipo de visados ofrece a posibilidade de vir a España para obter un emprego sen ningunha restrición, xa que ao ser fillos ou netos de españois sen nacionalidade española, a lei exímeos da valoración da situación nacional de emprego. Os beneficiarios, que poderán presentar as súas solicitudes, terán entre 18 e 45 anos e a titulación e a experiencia laboral necesaria para traballar en sectores de alta cualificación.

O prazo de inscrición comezará o día 1 de abril de 2019 e as solicitudes poderán presentarse unicamente por vía telemática na web da Consellería de Traballo, Migracións e Seguridade Social en Arxentina ata o 31 de maio.

Para 2019 previuse unha cantidade inicial de 500 visados, podéndose ampliar a cifra, segundo vaia avanzando o proxecto, ata alcanzar os 1.500 visados. Os sectores laborais preferentes serán os de maior cualificación e, especialmente, os relacionados coa tecnoloxía, a informática e as finanzas.

A iniciativa poderá dar paso a futuras experiencias que se levarán a cabo tanto en Arxentina como noutros países de especial vinculación con España e onde residan un elevado número de fillos e netos de españois. O proxecto piloto vaise a desarrolar en Arxentina ao ser este país o que conta coa maior colectividade española no exterior –ao redor de 457.000 españois- e existir un número importante de descendentes.

Canle de inmigración ordenada, segura e regular

A Secretaria de Estado de Migracións, tendo en conta a necesidade que teñen determinados sectores económicos para atopar profesionais, desenvolveu este programa piloto como unha forma de habilitar canles de inmigración ordenada, segura e regular no futuro próximo.

O obxectivo da iniciativa é cubrir tanto os postos de traballo que máis demandan as empresas e que teñen dificultades para ocupar, como os que nun futuro próximo van quedar vancantes debido ás xubilacións.

O Servizo Público de Emprego Español facilitará aos titulares destes visados os recursos necesarios para facilitar a súa procura de emprego, podendo iniciar o proceso mesmo antes de viaxar a España. Os seleccionados obterán un vistado de tres meses para residir legalmente en España mentres atopan traballo. Unha vez asinado un contrato obterán unha autorización de residencia e traballo renovable.

O proxecto piloto foi impulsado polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, e contou coa participación do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, o Ministerio do Interior, o Ministerio de Xustiza e o Ministerio de Política Territorial e Función Pública, ademais da Dirección Nacional de Migracións da República Arxentina.

Máis información sobre o programa de visados para procura de emprego en España:https://expinterweb.mitramiss.gob.es/visar/inicio

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas