GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 1.985.280 ocupados en febreiro

(22/03/2019)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 1.985.280 ocupados en febreiro



Foto ilustrativa


A afiliación de estranxeiros sobe en 18.581 persoas no último mes e en 149.106 traballadores desde febreiro de 2018

O crecemento interanual elévase ao 8,12%

 

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social 20/03/2019

 

A Seguridade Social rexistrou 1.985.280 afiliados estranxeiros en febreiro, 18.581 ocupados estranxeiros máis que en xaneiro. No último mes a cifra deste colectivo creceu un 0,94%.

En febreiro rexistráronse 149.106 traballadores máis que hai un ano. A porcentaxe de crecemento interanual sitúase deste xeito no 8,12%.

Do total de traballadores doutros países afiliados ao Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (341.296), Marrocos (254.120), Italia (112.064) e China (102.669). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (71.101), Reino Unido (66.070), Colombia (62.989), Bulgaria (59.882) e Portugal (52.728).

Comunidades autónomas

En termos mensuais, a ocupación de traballadores estranxeiros aumenta en Illas Baleares (4,68%), Murcia (2,61%), Castela e León (2,13%), Navarra (1,52%), Aragón (1,47%), Galicia (1,38%), Cataluña (1,36%), A Rioxa (1,09%), País Vasco (1,06%), Madrid (0,96%), Asturias (0,42%), Canarias (0,24%) e Andalucía (0,15%). Tamén crece en Ceuta (1,19%) e Melilla (0,95%).

A afiliación de estranxeiros baixa en catro autonomías: Castela-A Mancha (-1,59%), Cantabria (-0,6%), C. Valenciana (-0,32%) e Estremadura (-0,24%).

En febreiro, de entre os afiliados estranxeiros, 1.163.230 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (822.050) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.654.075 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 225.362 ocupados, e o de Fogar, con 172.605). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 327.282 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 3.861, e o do Carbón, con 62.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en febreiro, 1.121.938 son homes e 863.342 son mulleres.

Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Outubro 2019
LMMeXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas