GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Aumenta o número de galegas e galegos residentes no exterior ata chegar aos 519.646, mentres segue a diminuír o de emigrantes que naceron en Galicia e marcharon ao estranxeiro

(21/03/2019)

Aumenta o número de galegas e galegos residentes no exterior ata chegar aos 519.646, mentres segue a diminuír o de emigrantes que naceron en Galicia e marcharon ao estranxeiro

 

As e os emigrantes naturais de Galicia que marcharon ao estranxeiro mantén a tendencia dos últimos anos e decrece en 2.549.

 

O Instituto Nacional de Estadística publica hoxe as cifras de cidadás e cidadáns españois residentes no exterior, que se incrementa en 3.157 galegas e galegos.

 

A cifra de cidadás e cidadáns galegos residentes no exterior nados no seu país de residencia, é dicir, descendentes de emigrantes, supón o 71% do total de galegas e galegos.

 

 

Listen to this page using ReadSpeaker
 

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019.

 

O Instituto Nacional de Estadística (INE) vén de publicar os datos sobre o Padrón de Españoles Residentes en el Extranjero (PERE) a data 1 de xaneiro de 2019. As cifras feitas públicas polo organismo confirman a tendencia demográfica que está a experimentar a comunidade autónoma desde hai varios anos, e que reflicte un incremento do número total de cidadás e cidadáns galegos residentes fóra das nosas fronteiras, o que inclúe tanto ás e aos emigrantes como as e os seus descendentes, xa nados nos seus países de destino, e unha diminución do de galegas e galegos nados na comunidade.

 

A cantidade total de galegas e galegos que vive no exterior incrementouse en 3.157, pasando dos 516.489 de 2018 aos 519.646. Pola outra banda, a cifra de cidadás e cidadáns galegos nados en Galicia que saíron do país decreceu dos 154.312 que había o ano pasado aos 151.763 do actual. Esta aparente contradición dos datos explícase polo aumento do número de fillas e fillos, netos e netas e descendentes doutras xeracións que se dan de alta no padrón ben por ter nacido recentemente, ben por ter adquirido a nacionalidade malia ter nacido noutro país do mundo.

 

Todas as provincias ven, así, incrementada a súa cifra de residentes no exterior, segundo as estatísticas publicadas polo INE, que advirten un aumento de 1.143 pontevedresas e pontevedreses vivindo no estranxeiro, que pasan dos 150.674 que había o ano pasado aos 151.817 actuais. A Coruña faino con 1.138 coruñesas e coruñeses máis e alcanzando os 180.662, Ourense con 65 máis ata chegar aos 113.746, e Lugo con 811 para quedar con 73.421.

 

Unha porcentaxe que diminúe cada ano

 

A realidade demográfica de Galicia tamén constata outra consecuencia da tendencia migratoria que está a experimentar a comunidade, e que rebaixa cada ano a porcentaxe de cidadás e cidadáns galegos que residen no exterior que foron nados en Galicia e emigraron máis tarde por diferentes razóns. A cantidade de emigrantes que aínda residen no estranxeiro pasou, deste xeito, nun ano de supor o 29.7% do total de galegas e galegos que viven fóra das nosas fronteiras a constituír o 29% (é dicir, 15.579 galegas e galegos), porcentaxe que vén diminuíndo incesantemente desde 2011.

 

O retorno de emigrantes, que en el 2017 trouxo de volta a Galicia a 6.202 cidadás e cidadáns galegos, palía, deste xeito, a saída do país que emprenderon en 2018 un total de 3.212 galegas e galegos, segundo se desprende das cifras oficiais do INE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas