GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ourense. Os retornados avisan aos políticos: «Non vos queremos no sillón»

(14/03/2019)

Os retornados avisan aos políticos: «Non vos queremos no sillón»

 

Nova manifestación para reclamar cuestións fiscais

 

 


ourense 13/03/2019

Os emigrantes retornados non cesan na súa loita na rúa para facer escoitar as súas reivindicacións, que se centran en cuestións fiscais relativas á súa tributación noutros países. Espéralles, segundo explica o presidente da plataforma ourensá Luis Quintas, unha primavera quente. Onte manifestáronse polas rúas do centro de Ourense partindo desde os xardíns de Pai Feijoo. Á fronte do percorrido ía unha pancarta que expresaba o seu sentimento actual: «Menos corrupción, máis solucións. Votaremos a vosa expulsión, non vos queremos no sillón». O lema completábase coa petición de que se derrogue a Lei 35/2006, que consideran que é moi lesiva cos seus intereses fiscais. «O que nos fan os políticos é un desprezo. Nós traballamos toda a vida e agora querennos avasallar».

 

A pesar de que ata o momento as súas reivindicacións mantidas durante anos apenas lograron resultados, Luis Quintas advirte de que seguirán «loitando». Unha das cuestións que teñen encima da mesa é a cuestión relativa aos graos de invalidez que moito dos emigrantes retornados teñen recoñecidos noutros países, e que en España lle son revisados.

 

Sobre o conflito que se prolonga no tempo aseguran que eles só reciben unha paga como pensionistas, por moito que sexa de varios pagadores e consideran que debe modificarse a normativa para que eles non se vexan prexudicados fiscalmente.

O 17 de abril teñen previsto unha nova manifestación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas