GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cerdido albergará a exposición “Luces alén do Mar”, que recoñece o labor dos emigrantes

(06/03/2019)

Cerdido albergará a exposición “Luces alén do Mar”, que recoñece o labor dos emigrantes


A exposición foi cedida polo Consello da Cultura Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración 



Cartel de la exposición de Cerdido - FOTO: Concello de Cerdido
 Cartel da exposición de Cerdido - FOTO: Concello de Cerdido

COPE FERROL- Javier García

05 mar 2019 -


A área recreativa O Castro de Cerdido acollerá entre este venres, 8 de marzo, e o día 15, unha exposicion que leva por título “Luces alén do Mar”, centrada nas construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas, proxecto que se prensentou en forma de exposición da que este é o seu catálogo.

No Concello de Cerdido, no ano 1908, construíronse dúas escolas de indianos, feitas por galegos na emigración en América: unha en O Castro e outra en Avispeira, na Barqueira.

Estes centros, que continúan dando un gran servizo na actualidade, fixéronse coas contribucións económicas dos veciños de Cerdido que desde a emigración en Cuba non só non romperon os seus lazos con este Concello, senón que fixeron unha gran contribución de maneira completamente desinteresada pola cultura e a educación no seu pobo. Estes veciños formaron a Asociación Pila Ancha, cuxas actas de constitución constan do ano 1907 na cidade da Habana.

No ano 1941, a asociación pasou a chamarse Sociedade de Beneficencia, Instrución e Recreo Fillos do Concello de Cerdido. Os primeiros integrantes da asociación Pila Ancha e a orde de inscrición dos seus iniciadores foron:

nº 1. Severino T. Solloso

nº 2. José Piñón Abella

nº 3. Eliseo García Fraguela

nº 4. Manuel Durán

nº 5. Eduardo Fraguela

nº 6. Benigno Villadóniga

nº 7. Antonio Candales López

nº 8. Manuel Candales Mestas

nº 9. Domingo Villadóniga

nº 10. José Rodríguez Agras

Desde o Concello de Cerdido quérese facer “unha homenaxe a todos estes veciños que desde a emigración fixeron tan grande contribución ao noso Concello, en agradecemento polo seu gran labor e compromiso coa cultura e a educación en Cerdido”.

Durante o tempo que a exposición estea aberta, durante as tardes, de 17,00 a 20,00 horas, estarán dispoñibles as actas de constitución, o regulamento de Pila Ancha, o posterior regulamento da Sociedade de Beneficencia, Instrución e Recreo Fillos do Concello de Cerdido e outros documentos que poderán ser consultados por todos os veciños interesados.

CONFERENCÍA

A presentación da exposición completarase cunha charla, o venres 8 ás 20,00 horas, baixo o título “Conferencia sobre as Escolas de Indianos en Galicia, a Asociación Pila Ancha de Cerdido e Severino Trinquete Solloso” coa intervención de Santiago Rodríguez Pérez, veciño de Cerdido e investigador, Bernardo Penabad Rey, licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, José Manuel Bouzamayor, vicepresidente da Asociación Terras do Ortegal e Benigno Galego, alcalde do Concello de Cerdido.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas