GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os retornados de Alemaña xa reciben desde este mes as liquidacións de taxas da Facenda xermana en castelán

(01/03/2019)

Os retornados de Alemaña xa reciben desde este mes as liquidacións de taxas da Facenda xermana en castelán



Redacción, Ourense | 28 Febreiro 2019 - Crónicas da Emigración


A Secretaría Provincial de Emigración do PSdeG-PSOE de Ourense acaba de lograr que a Axencia Tributaria de Alemaña remita aos emigrantes retornados as súas liquidacións de taxas en castelán. Despois de múltiples conversacións e xestións cos responsables da axencia tributaria xermana, os retornados desde este país xa están a recibir desde comezos de febreiro as liquidacións en español, facilitando así a compresión e tramitación desta documentación ante as autoridades tributarias españolas, e conseguindo así una das principais reivindicacións que este colectivo mantiña nos últimos tempos.

O secretario provincial de Emigración desta formación política, Luís Gulín, explica que “unhas das reivindicacións do colectivo de retornados de Alemaña e afectados pola nova taxa a abonar dun 5 por cento sobre a súa pensión á Facenda xermana, era que a documentación do pago do imposto só estaba redactada en alemán o que dificultaba a resolución deste deber”. “Á hora de tramitar a solicitude ante a Facenda española, reclamando a devolución dese imposto por dobre imposición internacional, algunhas delegacións esixían a maiores unha tradución da documentación achegada”, o que supoñía, explica o secretario, custos e trámites extraordinarios.

Desde outubro do pasado ano esa mesma documentación xa se comunicaba en inglés e francés, e agora, despois de múltiples conversacións cos responsables de Finanzamt Neubrandenburg, Gulín conseguiu que, desde comezos de leste mesmo mes, os pensionistas retornados de Alemaña poidan presentar toda esta documentación en español ante as autoridades tributarias de España, facilitando así os trámites pertinentes.

Outro dos compromisos adquiridos por parte das autoridades tributarias xermanas é que desde o mes de outubro aplíquese de oficio, o pago fraccionado en tres prazos se a débeda tributaria das persoas é superior a 400 euros. “Moitos retornados recibiran requirimentos do últimos tres anos con cantidades a pagar entre 800 e 1.500 euros, e víanse nunha situación moi complicada para abonar esas cantidades tan voluminosas nun só pago”, detalla o secretario.

Estas novidades xa foron notificadas desde a Secretaría de Emigración do PSdeG á asociación de emigrantes retornados da provincia de Ourense e á delegación provincial da Axencia Tributaria, co fin de que teñan información actualizada sobre a situación.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas