GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 1.966.699 ocupados en xaneiro

(21/02/2019)

A media de estranxeiros afiliados á Seguridade Social ascende a 1.966.699 ocupados en xaneiro



Foto ilustrativa



•O crecemento interanual sitúase no 8,35%, o terceiro máis elevado na última década

•Son 151.607 traballadores máis que hai un ano

•A afiliación de estranxeiros baixa en 26.150 persoas no último mes


A afiliación de traballadores estranxeiros á Seguridade Social foi en xaneiro de 1.966.699 ocupados. A porcentaxe de crecemento interanual sitúase deste xeito no 8,35%. Na última década, esta porcentaxe só se superou en outubro (8,62%) e en decembro de 2018 (8,43%). En concreto, en xaneiro rexistráronse 151.607 persoas ocupadas máis que hai un ano.

No último mes a cifra deste colectivo minguou un 1,31%, o que se traduce en 26.150 traballadores estranxeiros menos que en decembro.

Do total de traballadores doutros países afiliados ao Sistema da Seguridade Social, os grupos máis numerosos proceden de Romanía (335.344), Marrocos (253.009), Italia (109.906) e China (103.479). Séguenlles os traballadores nacionais de Ecuador (70.644), Reino Unido (64.792), Colombia (61.834), Bulgaria (58.278) e Portugal (52.015).

Comunidades autónomas

En termos mensuais, a ocupación de traballadores estranxeiros aumenta en Andalucía (0,72%), Castela-A Mancha (0,29%) e A Rioxa (0,24%). Esta afilación mingua nas demais comunidades autónomas, encabezadas por Estremadura (-7,45%), Comunidade Valenciana (-3,37%) e Cantabria (-3,08%).

En xaneiro, de entre os afiliados estranxeiros, 1.159.268 traballadores proceden de países de fóra da Unión Europea e o resto (807.430) de países comunitarios.

Por réximes, a maioría dos afiliados estranxeiros está encadrada no Réxime Xeral: 1.638.323 (este dato inclúe o Sistema Especial Agrario, con 230.071 ocupados, e o de Fogar, con 172.872). Séguenlle o Réxime de Traballadores Autónomos, con 324.702 persoas, o Réxime Especial do Mar, con 3.610, e o do Carbón, con 65.

Da cifra total de afiliados estranxeiros en xaneiro, 1.115.086 son homes e 851.613 son mulleres. Os datos de afiliados por comunidades autónomas distribúense así:

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Maio 2019
LMMeXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas